Novidades «Senlheiro» en Navalcarnero, CP Madrid IV

Damos pulo á información ofrecida polo Colectivo de Apoio:

Adrián chegou o sábado pola tardiña ao cárcere de Madrid IV, máis coñecida como cárcere de Navalcarnero. Hoxe pasaba do módulo de ingresos a un módulo «normal».

Tivo apenas un minuto para chamar e dicir onde se atopaba.

Onte domingo fumos facerlle unha visita contra vento e neve e vimos a Adrián ben, forte e con gañas de que chegue o xuízo.

Foi trasladado no cubículo do furgón da Guardia Civil esposado, non vaia ser que fose un MacGyver…

Polo resto o cárcere, é cutre como todas as que vimos ate o de agora, aínda que nesta semella que só hai calefación para os cuartos onde están os «funcionarios».

Deixamosvos aquí a direción pra que lle mandedes folgos:
Sigue leyendo Novidades «Senlheiro» en Navalcarnero, CP Madrid IV

[Bergantiños] Reventa unha balsa mineira no Monte Neme. Un recordatorio do que podería suceder en Corcoesto??

Na madrugada de onte para hoxe, unha das balsas mineiras abandonadas de Monte Neme reventou e provocou o caos en Aviño (Malpica) e Razo da Costa (Carballo). Según apuntou unha veciña de Razo da Costa, as riadas comenzaran pouco despois de remitir a forza do vento. Entón, grandes masas de auga, mixturadas con terra, pedras e lodo, arrasaron leiras, camiños e ameazaron unha vivenda de Aviño. Por sorte non houbo danos ás persoa, mais algunhas leiras ficaron literalmente arrasadas pola forza da riada.

Ante elo, a Plataforma «Salvemos Cabana» denuncia que a rotura da balsa mineira do Monte Neme é un recordatorio do que podería suceder en Corcoesto:
Sigue leyendo [Bergantiños] Reventa unha balsa mineira no Monte Neme. Un recordatorio do que podería suceder en Corcoesto??

Carta dun prisioneiro ao Ministro de Xustiza

Colamos esta Carta asinada por Roberto C. Fdez. Pardiñas «Ceive», preso galego participante da Campaña Cárcere=Tortura, encirrado na actualidade no CP de Monterroso, e que recollemos da web de «El Retroceso». Diario Libertario de Lugo e Galaxia:

24 de Decembro de 2.013
Excelente Sr. Ministro de Xustiza.
Pola presente e con todos os respectos que merece, diríxomelle.

Co fin de comunicarlle o seguinte, de intercambiar algunhas formulacións no seu eficiente labor como adaíl da represión e o terror que é vostede, instaurou neste país mediante a doutrina do Shock e toda a confusión, incerteza e terror que as súas medidas restritivas e represivas impoñen á masa social.

En primeiro lugar as súas purgas recadatorias co fin de silenciar a un pobo atormentado, asustado e necesitado, paréceme un absoluto acto de tiranía, máis propio da idade feudal que dos tempos nos que uns avanzan e outros malviven ou sobreviven. O carácter da súa hábil manobra para silenciar ás masas menos favorecidas, é propio dunha mente tan retorcida como a súa, se ben e como deus non queda con nada de ninguén, a xente desasistida, usurpada polas entidades que o seu goberno monopoliza, lle van servir de nada pois está abocando a xente a unha explosión de desespero…
Sigue leyendo Carta dun prisioneiro ao Ministro de Xustiza

[A Coruña] Prorroga xudicial para o desaloxo do C.S.O. Palavea

Semella que a aceptación por parte de instancias xudiciais dun recurso pedindo a nulidade do xuízo concede un pequeno respiro ao Centro Social Okupado de Palavea, a piques do desaloxo policial ata o momento. Colamos de seguir o comunicado da asamblea da okupa explicando a nova situación (AQUÍ o orixinal no seu blog):

A asamblea do Centro Social Okupado de Palavea, ante a expectación esperatada polo mandato xudicial para abandoar a okupa antes do pasado 19 de Xaneiro, quere facer público o seguinte comunicado:

Primeiro dicir que, evidentemente, transgredimos o mandato da xuiza e continuamos realizando as actividades públicas que dan sentido a nosa okupación. Lamentablemente, o feito de poñer en lugar seguro gran parte do material da casa, unido aos preparativos para o desaloxo obligáronnos a recortar ostensiblemente a programación, axustando os horarios de apertura únicamente as actividades previstas.

Segundo, e quizais máis importante para satisfacer a curiosidade dos solidarios, que o desaloxo (ou, máis propiamente falando , desafiuzamento, posto que é un proceso civil) atópase momentáneamente paralizado debido a un recurso de nulidade prantexado na Audiencia Provincial.
Sigue leyendo [A Coruña] Prorroga xudicial para o desaloxo do C.S.O. Palavea

Comentando Abordaxe desde o Anonimato

«Prefiro ser um Bêbedo Conhecido, que um Alcoólatra Anônimo»

Quem, com certa assiduidade, vissita este blog sabe que nom excluimos praticamente nengum comentário, tirando alguns nos que se insulta leitor@s e/ou administrador@s, e para e-lo servem-se do anônimato.

Poida que haxa quem pense que nunca há razons que justifiquem de ser borrados e que todo acto nesse sentido só agocha censuras porque nom gostamos de críticas. Por tudo isso, eu Edu, no meu nome próprio e falando só por mim, declaro que se há algo que odeio é o comentário anônimo, primeiro porque vem de covardes e despois porque, valendose do anonimato, só dam opinions com um nível moi baixo apoiándo-se nos insultos e/ou desqualificaçons e sem aportar absolutamente nada, pelo que soem trazer mais malefícios do que benefícios. Nom é casual que em blogs da extrema direita presumam de publicar com orgulho de anonimato.
Sigue leyendo Comentando Abordaxe desde o Anonimato

[Estado español] Foron xs Anarquistas

Colamos traducido ao galego de ContraInfo:

Escoita, eu vingo a cantar por aqueles que caeron; non digo nomes nin sinais; só digo compañeiros… e canto aos outros, aos que están vivos, e poñen o mira sobre o inimigo…

Axs amigxs e compañeirxs, coñecidxs e descoñecidxs que abrazan as ideas anarquistas, axs que mantén a cabeza alta nas prisións e axs que mantén viva a loita na rúa. Unha breve reflexión acerca da loita anarquista no Estado español.

Estamos nun momento político e social curioso. Por un lado ETA deixa as armas. GRAPO está aparentemente desarticulado e o fundamentalismo islámico vén perdendo presenza mediática nesta parte do globo. Paralelamente a crise social aparellada á suposta crise económica (e dicimos suposta porque o capitalismo é en si mesmo unha crise constante e porque para xs de abaixo é o estado perpetuo no que nos encontramos) parece recruarse. Novos brotes de protesta e mesmo de disturbio aumentan por diversos lugares e ámbitos sociais da xeografía peninsular e o Estado vai quedando sen un inimigo interno a quen cargar as culpas, dado que facelo sobre o «pobo», en favor do cal todo o mundo di obrar, non parece o máis apropiado. Xorde con ímpeto o fantasma anarquista, como un demo interior a quen culpar de todos os desbordamentos das protestas, de todos os agravamentos das loitas. Para desactivalas o Estado non pode permitirse o luxo de reprimir cruamente a poboación nin de insinuar sequera que esta ten algo que ver. Por iso ha de illar e calumniar todo conato de rebelión, para facela antipática ao común dos mortais, non vaia ser que estes episodios e exemplos se contaxien. Así pois dende fai xa algún tempo o coco ao que enfrontarse, quen leva á pobre xente pola senda da violencia e a barbarie, e enriba pon bombas e queima igrexas, son xs anarquistas (o cal tampouco é mentira). Un éter, algo sen un corpo definido pero ao que se intenta estruturar o suficiente como para que poida ser catalogado en si mesmo como banda terrorista pero non tanto como para que no seu seo caiba calquera indicio rebelde.
Sigue leyendo [Estado español] Foron xs Anarquistas

Hoxe Sábado 8 as 14:00′ .- Xantar solidario coa II Feira do livro en A Guarda

Damos pulo a esta Convocatoria para hoxe mesmo dun Xantar Solidario no CS «O Fuscalho» (fronte á Atalaia da Guarda):

A Feira será o derradeiro finde de abril (25, 26 e 27) e agardamos mellorala primeira edición cunha programación variada e bastante completa que xa case vai estando pechada.

Vemos a feira como unha ferramenta de difusión do pensamento antiautoritario e procuramos que sexa un espazo de encontro e intercambio de experiencias que contribuan á destrución das relacións de dominación e explotación que actualmente rixen as nosas vidas e esperamos que se reproduzan este tipo de iniciativas por outros lugares do territorio

Cando teñamos a programación definitiva enviaremosvola para máis información e difusión.

Sen mais unha aperta e esperamos contar con vos.

[Compostela] Martes 11 ás 21:00’ Documental “As Encobras.- A Ceo Aberto” a loita da parroquia de As Encrobas contra FENOSA en 1977. 2º pase do Ciclo «Luitas Veciñais» no Cinema-Forum Anarquista, no que contaremos con a presencia do seu director-realizador Xosé “Bocixa”.

Colamos esta convocatoria recibida das compas da Biblioteca Anarquista «A Ghavilla»:

Cando Xosé Bocixa era un meniño, vira como a súa parroquia de As Encrobas era engolida por unha mina. Contaba dez anos cando chegaran as excavadoras e se levaran por diante varias aldeas. Foi entón cando a idílica parroquia comenzara a expectorar po branco aos pulmóns da recén construida central térmica de FENOSA. Aquela chimanea insaciable alimentabase do chan rico en lignito. A mina foi así cobrando forma de burato ciclópeo, ata que se esgotou o carbón. Agora, anegado, é o segundo lago artificial máis grande da Galiza. Así é catalogado polas autoridades.

“Para poder explicarche como eran As Encrobas, terías que pechar os ollos e ver o que vexo eu, cómo era aquela terra”. Con esta nostálxica sentencia comenza o relato, en primeira persoa, sobre a desaparición física da parroquia de Encrobas, devorada pola mina de lignito que Unión Fenosa explota dende o ano 77 e que Xosé Bocixa revive neste documental que recupera a revolta agraria de 1977 contra as expropiacións de terrenos que levara a cabo a eléctrica Fenosa. Fora, xunto a Xove e Baldaio, un dos fitos da luita campesina galega. As paisanas blandían paraugas; os guardas civis, mosquetóns: «É un erro considerar que fose unha batalla puntual, porque se trata da historia dunha destrucción constante. Con o paso do tempo, as casas agrietaranse, o cemiterio veuse abaixo e muitas veciñas fumos desprazadas. Os meus pais remataran a outra beira do val, en Meirama», lembra Bocixa.
Sigue leyendo [Compostela] Martes 11 ás 21:00’ Documental “As Encobras.- A Ceo Aberto” a loita da parroquia de As Encrobas contra FENOSA en 1977. 2º pase do Ciclo «Luitas Veciñais» no Cinema-Forum Anarquista, no que contaremos con a presencia do seu director-realizador Xosé “Bocixa”.

[Raia Ceuta – Marrocos] Assassinados, quanto menos 10 pessoas pola Guarda Civil quando tentavam cruzar a raia.

Redacto esta informaçom recolhendo as notícias publicadas em ElDiario.es, donde numha primeira notícia figerom-se eco das denúncias de várias das pessoas que foram atacadas com bolas de borracha e botes de fume que provocaram pinchaços nas balsas e flotadores e causarom o pánico entre as migrantes que pretendiam passa-la raia Marrocos-Ceuta, primeiro por terra e despois por mar (várias das mortes se produzirom por esmagamento no tumulto provocado polo ataque e outras resultarom afogadas no mar) e despois, e a consequência desta primeira notícia, figerom-se eco numha segunda crónica de como o ministério de Intérior nom tivera outra que reconhecer a intervençom nos feitos da Guarda Civil, algo que negaram, até a publicaçom da primeira notícia, escorregando o bulto e botando-lhe as culpas á polícia marroquina (que se bem também interviu na repressom, foi umha vez que começaram a retirar da água os cadáveres e quando as superviventes se manifestaram para que nom se levaram os corpos), pois até esse momento a versom anunciada pola Delegaçom do Governo em Ceuta assegurava que as forças de seguridade espanholas nom tiveram que intervir em nengum momento, o que supom umha nova farsa dos responsaveis dos desmáns dos corpos repressivos que, desta volta, nom lhes ficou outra alternativa que sair a desmentir ante a claridade das denúncias das superviventes na matança; se bem agora, umha vez pilhados na mentira, tratam de justificar estes assassinatos culpabilizando ás migrantes do sucedido. Alguém da creto desta nova versom política-policial??

Eu nom, e colo de seguido extractos das notícias de ElDiario, com as declaraçons de ambas partes, e que cada quem faga as suas reflexons ao respeito destas mortes dumhas pessoas das que sempre (tanto desde o governo como desde os medios colabouraçonistas) nos agocham os seus nomes, as suas procedências som clamufadas ao «unifica-las» numha toponimia inventada com o nome de «subsaharianas», e das que, nem sequer, chegamos a conhecer o seu número exacto (de feito ainda hoje há fontes que falam de 8, outras de 9, de 10,…). Eu sego asseverando que se trata dum novo assassinato maciço orquestrado desde o poder e posto em prática polas suas forças repressoras. Esses que promovem com veemência o tráfico de mercadurias sem fronteiras (mesmo das ilegais), e que ordenam disparar contra as pessoas que pretendem cruza-las raias sem papeis.
Sigue leyendo [Raia Ceuta – Marrocos] Assassinados, quanto menos 10 pessoas pola Guarda Civil quando tentavam cruzar a raia.

Última Hora.- Hoxe «Senlheiro» saiu de Villabona de traslado a Madrid

Segundo información facilitada polo Colectivo De Apoio A Senlheiro:

Adrián foi trasladado hoxe pola maña a un cárcere de Madrid. Por «motivos de seguridade» non sabemos a cal ata que chegue e poida chamar e dicir onde está. Os traslados soen durar varios días pois van pasando por varios cárceres antes de chegar ao destino. En canto saibamos a nova direción escribimola aquí. Non enviedes cartas a Villabona porque as mandan de volta, non se van molestar en reenvialas aonde se atope.

(nota de Abordaxe): Lembramos que a súa vista na Audiencia nacional está diada para o 3, 4 e 5 de marzo, onde se lle xulgará polos cargos de “pertenencia a banda armada” e “depósitos de explosivos”

eDu