Fanfarria Takiquardia-Procesión Herexe (A las barricadas+Intro de El coche fantástico)

}

Compartimos un video desternillante atopado na rede, onde un grupo de fanfarria acompaña unha pequena procesión nun pobo do leste de Galiza, dun xeito bastante especial. Eles narran así os feitos:                          

«Galiza, Outono do 2013. Chovía, como non. Non había neve aínda, pero si castañas.
  Preguntáronnos si podíamos tocar nunha procesión. ¿Qué e iso? ¿Qué se toca nunha      procesión? O que queirades… dixeronnos. E así foi. Fin.»



Fumar ao carón da bandeira de España multarase con 185.000 euros. O cigarro electrónico estará exento.

Colamos e traducimos de Rokambol (a imaxen é colada de Insurgente)

A medida que se van coñecendo os detalles da nova Lei de Seguridade Cidadá e a contía das multas, aumenta o desasosego dos cidadáns por encontrar novas fontes de ingresos coas que poder custear a súa asistencia ás manifestacións de protesta ou pagar os arrebatos de enfado co seu propio país. Sigue leyendo Fumar ao carón da bandeira de España multarase con 185.000 euros. O cigarro electrónico estará exento.

[A Coruña] STOP Desafiuzamentos .- O IGVS, a última esperanza de coherencia no caso de Elisabeth Sanlés

Colamos esta nota de prensa de STOP Desafiuzamentos A Coruña recebida na nosa caixa de correos:

Hoxe mércores 4 de decembro, tiñase previsto que teña lugar a reunión de valoración do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na que se tratará a posibilidade da adxudicación directa dunha vivenda para Elisabeth Sanlés, en resposta á solicitude presentada hai xa dous meses. Segundo lle foi notificado á propia afectada, a resolución tomada nesta xuntanza seralle trasladada o xoves 5 a primeira hora da mañá.

Cómpre lembrar que este tema deberíase ter abordado xa na semana pasada, evitando incluso o dantesco espectáculo da militarización do barrio do Castrillón, se tivera cumprido ca súa palabra o director técnico dos Servizos Sociais da Coruña, José Luis Quintela, quen lle mentíu a Elisabeth afirmándolle que o informe de Servizos Sociais –última documentación precisa para que o IGVS puidera valorar o caso- fora enviado sete días antes a dito organismo, aspecto que o propio Instituto Galego de Vivenda e Solo sinalou que non era certo, xa que non recibiron dita documentación até o pasado 27 de novembro, día no que parapetada por antidisturbios a comisión xudicial executou o vergoñento lanzamento. Sigue leyendo [A Coruña] STOP Desafiuzamentos .- O IGVS, a última esperanza de coherencia no caso de Elisabeth Sanlés

[Compostela] Martes 3 decembro as 21:00′.- «O honor das inxurias» (Carlos García-Alix, 2007) no Cinema-Forum «A Ghavilla»

Colamos información recibida da Biblioteca Anarquista «A Ghavilla»

Sinopse:

É o testemuño dunha obsesión, a busca apaixonada dun vello pistoleiro anarquista, Felipe Emilio Sandoval, alcume Doutor Muñiz (1886-1939). Nacido nos arrabaldes de Madrid e albanel de profesión, a súa vida vai unida á fe nun sono redentor: a revolución social. Por ela converterase primeiro nun famoso atracador e home de acción e logo, durante a guerra civil, nun asasino desapiadado.

Pareceunos interesante replicar un comentario aparecido nun xornal, baixo a autoría de Rocío García. Citamos:

A vinganza foi un dos eixes da súa vida. A sombra máis profunda dunha derrota. Nacido pobre no barrio das Aldraxes de Madrid, de pai descoñecido, foi albanel, axuda de cámara nunha nobre familia de París, atracador, anarquista e delator. Felipe Sandoval, coñecido como Doutor Muñiz, foi o verdugo revolucionario nos anos da Guerra Civil en Madrid. Dirixente da temida checa anarquista, centro policial instalado no Cinema Europa do barrio de «Cuatro Caminos», ocupou portadas dos xornais da época. A honra das aldraxes, longametraxe documental dirixida polo pintor e escritor Carlos García Alix (León, 1957), rescata a figura deste home alto, famélico, de mans grandes, cortés, reservado, sempre vestido de gris ou negro, que se converteu en toda unha lenda ao máis puro estilo gansteril. Aos seus 52 anos, Sandoval xa era un home envellecido e gravemente enfermo de tuberculose. Detido nada máis rematar a Guerra Civil, quitou a vida e ninguén reclamou o seu cadáver. O 6 de xullo de 1939 foi enterrado nunha tumba de terceira do cemiterio do Leste, en Madrid. Nacera o 26 de maio de 1886 no barrio de «Las Injurias». Madrid estaba de festa. Nove días antes nacera o herdeiro á coroa, que logo chegaría a reinar baixo o nome de Alfonso XIII.

Foron anos e anos de obsesión, de investigación, de busca de documentos e fotos nos arquivos máis importantes de España, e tamén en París e Amsterdam. En 1998, no «Archivo de la Causa General», cando este organismo non era público, encontrou García Alix a peza clave da investigación, o fío condutor do filme: a confesión manuscrita de Felipe Sandoval, preso na «Brigada de la División de Investigación Política», na rúa de Almagro de Madrid, poucos días despois da derrota dos republicanos. «Felipe Sandoval!, o Doutor Muñiz!, o máis perigoso atracador e pistoleiro, un asasino e un gánster que moi pronto recibirá o seu merecido», exclaman triunfantes os policías que na madrugada do 16 de xuño de 1939 chegan ao número 36 da rúa de Almagro coa coñecida como «Expedición de los 101»: os máis buscados, os máis odiados, dirixentes políticos e sindicais, deputados, gobernadores, alcaldes, xornalistas… Entre eles, Felipe Sandoval. Obrigárono a recordar quen era. E fíxoo. Ao longo de 63 folios, o Doutor Muñiz relata a súa vida. «Os anarquistas somos a hostia, compañeiro. Sabemos retorcernos o corazón se fai falta para cumprir o noso deber revolucionario. O que eses rapaces comunistas que presumen de coraxe non se atreven a facer, aquí está o vello Felipe, anarquista, disposto a facelo en ben dos nosos sagrados ideais. Aínda que o corazón se me saia pola boca». A súa confesión custoulle a vida. Foi repudiado polos seus compañeiros, que o acusaron de traidor e canalla, e pola propia policía, que non se deu por satisfeita. Non deu opción aos homes que tiñan que xulgalo. El foi o seu propio xuíz e o seu verdugo, o asasino de si mesmo, relata García Alix no documental.

A lenda vén de atrás. De tiro doado e decidido, Sandoval é o protagonista dun longo e interminable axuste de contas. Xa en 1919, a tentativa de fuga dunha prisión de Barcelona, na que cumpría pena por un roubo, rematou nunha tremenda malleira que o desfigurou o seu rostro e marcouno de por vida. Metido de cheo no activismo revolucionario anarquista, o seu primeiro golpe realízao en 1932, no domicilio de Agapito Velasco, un abastecedor municipal ao que acusa de quedar co diñeiro dos comedores de Asistencia Social. En compañía doutros tres homes, róubanlle 35.000 pesetas. Toda a prensa se fai eco da noticia e publica unha vella fotografía policial. Preséntano como o gánster do momento, o «inimigo público número un». O Doctor Muñiz faise popular entre os madrileños.

Coma se dun verdadeiro Al Capone se tratase, o Doutor Muñiz, meses máis tarde, á fronte dun novo grupo, prepara o seu golpe mestre. En dez minutos, o 8 de abril de 1933, Sandoval atraca, ao máis puro estilo de Chicago, unha oficina do Banco de Vizcaya, entre as rúas de Fuencarral e Manuela Malasaña. Nesta ocasión leváronse 40.000 pesetas. Á súa seguinte vítima escóllea entre o máis selecto da sociedade madrileña: Juan Pérez de Seoane, o conde de Riudoms, a quen asalta na estrada de Burgos cando o vello monárquico foxe en coche, coa súa familia e as súas pertenzas, ao exilio. Días máis tarde, a Garda Civil deteno na estación de Atocha. Preso no cárcere de Colmenar, necesitou poucos meses para preparar de novo a súa fuga.

Sandoval foi o organizador do asalto e a queima do cárcere Modelo de Madrid, o 22 de agosto de 1936, que rematou coa matanza de coñecidos políticos de dereitas e provocou un tremendo shock na República. Ao día seguinte creáronse os tribunais populares («quero facer constar que non tirei un só tiro en tan lamentable suceso, o que xuro ante Deus e ante os homes que me teñen» que «xulgar», afirma Sandoval na súa confesión).

«O honor das inxurias», narrada polo propio García Alix e realizada coma se de unha «collage» se tratase, é unha produción de Guillermo Salafranca, da produtora No Hay Penas. Realizada nun 80% con material de arquivo, nace dunha obsesión, a de García Alix, por unha personaxe de quen o primeiro que soubo foi a súa morte en «Nosotros los asesinos», un libro do xornalista anarquista Eduardo de Guzmán. Decidiu seguir o seu rastro. «Ir aos arquivos é como ir de pesca. Hai que ir cada día. Botas a cana a ver se pican». Foron anos de luces e sombras. E Madrid, ao fondo como homenaxe. Aínda recorda García Alix cando descubriu que Sandoval estivera tan unido ao Cinema Europa o cine da rúa de Bravo Murillo de Madrid onde el de pequeno tragaba sesións dobres, e que nos últimos anos da Guerra Civil se convertera nunha gran tribuna – «alí falou Unamuno, Pasionaria, José Antonio, os anarquistas» -. E cando soubo que o último asasinato do Doctor 0Muñiz foi o de Ruiz Egea, o bibliotecario da glorieta de Cuatro Caminos, de onde el aínda conserva o seu carné de 1974.

«Non hai revolución sen verdugos. Poñer o foco no verdugo é a parte máis fea e dolorosa. Sandoval foi un verdugo ao servizo da revolución. Hoxe é moi difícil comprender o grao de violencia feroz que asolaba España. A miña loita foi non caer en bos e malos. É unha historia de vinganza», explica este realizador, que confesa a súa simpatía profunda polo anarquismo.

Ficha técnica

Título orixinal El honor de la injurias
Ano 2007
Xénero Documental
Dirección e Guión Carlos García-Alix
Duración 87 min.

Sergio Roel deixa a folga de Fame

buster keaton carcelSe estes días pasados informamos en varias ocasións da Folga de Fame iniciada polo preso coruñés Sergio Roel (-AQUÍ e -AQUÍ), agora temos a satisfacción de comunicar o remate da mesma tras da consecución de duas das súas reivindicacións (unha delas o restablecemento das visitas co seu pai, que era a súa demanda principal) e a promesa de que as outras dúas llas concederán despois de depoñer a protesta.Sergio dixo que era «unha vitoria a medias» (xa veremos se finalmente cumpren a súa palabra), pero vitoria polo menos. Atópase moi contento e manda bicos e abrazos para todxs aquelxs que apoiamos dende fóra.

Redactado por C.R. coa información facilitada por Sergio a solidarixs anticarcerarixs.

A Ditadura do Decano de Direito da USC

ImageContavamos ontem (acá em Abordaxe) o caso de Tatiana, a moça estudante do último curso de Direito na USC represaliada, polo membro do Opus Dei e Decano desta faculdade da USC, Luís Míguez Macho, por formar parte dum piquete no dia da greve de ensino. Agora soubemos por Diário Liberdade que, se bem o reitorado tomara cartas no assunto depois de ser celebrada ontem a concentraçom (ver imagem) às portas da Faculdade de Direito ( que se converteu posteriormente em manifestaçom ) e pese a que a secretária Geral da USC, Lourdes Noia, deu a razom à aluna ao ditaminar que as normas da USC marcam que o decano nom pode excluir arbitrariamente a ninguém de participar na atribuiçom de vagas de práticas e que o professor e decano terá que receber Tatiana Maseda e atribuir-lhe vaga consoante as suas qualificaçons académicas, este fascista opusino nega-se a aceitar este ditamem do reitorado e recusou receber a aluna, que se dirigiu na tarde de ontem ao seu gabinete na Faculdade de Direito.

Ante isto, convoca-se para hoje as 12h umha outra concentraçom às portas da faculdade para dizer-lhe bem às clarinhas a este fascista que se vaia e que dimita.
Sigue leyendo A Ditadura do Decano de Direito da USC

[EEUU] A Repressom dentro da prissom.- Prisioneiro é encirrado em ilhamento por portar “abundante quantidade de publicaçõns anarquistas”

Colamos esta crónica, que nos chegou desde a Agência de Notícias Anarquistas-ANA-, escrita por Will Potter, na que se refleja como o autodenominado «pais das liberdades» está moi longe de ser o que as súas cronistas, contistas e cineastas pro-sistema nos vendem:
ImageUm detido em Illinois está no confinamento da incomunicaçom desde julho por possuir “abundante quantidade de publicaçons anarquistas” e “textos escritos a mam relacionados ao anarquismo”, de acordo com os documentos da prisom.

Mark «Migs» Neiweem é prisioneiro na prisom de segurança máxima “Pontiac Correctional Center”. Além das publicaçons e de seus escritos sobre o complexo industrial prisional, também foi encontrado na possessom de símbolos anarquistas, incluindo um “A na bola” e um “E no círculo” (este último que representa Igualdade, é descrito no relatório da prisom como representativo da “Guerra de Classes, os 99%”).

«Eu faço este trabalho desde 1979 e nom consigo lembrar de nengum outro caso em que alguém recebeu umha notificaçom disciplinar por algo tam obviamente político quanto isso”, disse Alan Mills, advogado de Neiweem’s e professor na Universidade Northwest (Noroeste).

Neiweem também possuía documentos da Cruz Negra Anarquista (CNA) em sua cela, que o Departamento de Correçom de Illinois descreve como “umha organizaçom política que apoia abertamente aqueles que cometeram actividade ilegal na prossecuçom de objetivos revolucionários”. Esta é umha forma ameaçadora de dizer que o grupo escreve cartas para prisioneiros e solicita doaçons para que eles poidam comprar comida da prisom.
Sigue leyendo [EEUU] A Repressom dentro da prissom.- Prisioneiro é encirrado em ilhamento por portar “abundante quantidade de publicaçõns anarquistas”

A defensa d@s 4 independentistas exixe a nulidade do xuízo por achar que »se violaron dereitos fundamentais»

Colamos de SermosGaliza este artigo asinado por Beti Vázquez:

O dereito a un órgano xudicial imparcial, á contradición das probas achegadas pola acusación, á presunción de inocencia e á liberdade ideolóxica. Son catro das garantías que consideran que non se respectaron no xulgamento decorrido entre o 24 e o 27 de xuño na Audiencia Nacional española e do cal resultou unha condena a 56 anos de prisión e 36 de liberdade vixiada.

A defensa de María Osório, Antom Santos, Roberto R. Fialhega e Eduardo Vigo ten preparado xa o recurso de casación que na segunda feira, día 30, presentarán perante o Tribunal Supremo. Nel reclaman que o xuízo decorrido na Audiencia Nacional española entre o 24 e o 27 de xuño sexa declarado nulo porque, afirman, «non se respectaron as mínimas garantías».

Así o explicou Manuel Chao, avogado de Roberto R. Fialhega e Eduardo Vigo, ambos condenados a 18 anos de prisión –oito anos por «participación en organización terrorista», outros oito por «tenza de explosivos con fins terroristas» e dous por «falsificación de documento oficial»–. Chao compareceu acompañado de Borxa Colmenero (defensa de Santos) e Alejandro Cortizas (defensa de Osório) para explicar por que rexeitan a sentenza ditada polo tribunal. Fano, dixeron, «por razóns eminentemente xurídicas».

«Non se pode condenar ninguén polo que pensa»

Aseguran os letrados que durante o xulgamento foron «violados» varios dereitos fundamentais contemplados en textos legais como a Constitución española ou o Convenio europeo de dereitos humanos. «Toda persoa que vai ser enxuizada ten dereito a un órgano xudicial imparcial e a se defender», subliñou Manuel Chao, recalcando unha apreciación que a defensa observou durante todo o procesamento: «un desequilibrio favorábel ao Ministerio Fiscal, única parte acusadora».

Seguindo a enumeración de dereitos que a defensa considera vulnerados estaría a presunción de inocencia que asiste a todas as persoas imputadas, o dereito á liberdade de expresión e máis un que consideraron de especial relevancia: o dereito á liberdade ideolóxica. «Non se pode condenar ninguén polo que pensa e non se poden adaptar as probas», recalcou Manuel Chao.

Denuncian «interferencias do poder político no poder xudicial»

Con todo, tamén houbo mención á «interferencia do poder político no poder xudicial». Así cualificaron as declaracións realizadas polo ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, cadrando co segundo día de xuízo e que reproducimos de seguido: «agardo que a Audiencia Nacional teña o acerto de cualificar Resistencia Galega coma o que é, unha organización terrorista, e que impoña aos acusados as penas que lles correspondan».

Os tres letrados deixaron claro que esgotarán «todas as vías xudiciais», comezando no Supremo, seguindo polo Tribunal Constitucional e rematando no Tribunal de Estrasburgo se for preciso, malia confiaren en que a «violación de dereitos» que denuncian sexa apreciada xa co recurso de casación e o xulgamento sexa declarado nulo.

«En todo caso, Fialhega e Vigo serían culpábeis de depósito de artefacto incendiario»

Recalcou Chao que «unha das garantías para que unha proba sexa aceptada é a contradición», contradición que lles foi negada tanto aos peritos da defensa (Bernardo Máiz e Carlos Taibo) como aos propios avogados, que non puideron formular preguntas ao garda civil. Así mesmo, explicou que o facto de permitir que un funcionario da policía actúe como perito «só se dá cando se aplica a lexislación antiterrorista».

A defensa falou tamén dos artefactos incendiarios que a policía dixo ter incautados a Roberto R. Fialhega e a Eduardo Vigo: un deles no rexistro do domicilio do primeiro e outros dous no rexistro do carro en que viaxaba o segundo. «Ao non se teren causado lesións, en todo caso, de resultar probado, a Audiencia Nacional noutros casos o que estabeleceu foi un delito de depósito de artefacto incendiario con carácter de terrorismo individual».

A sentenza «fía unha serie de cousas insólitas»

Referiuse ás declaracións dos voceiros dos catro grupos parlamentares, do director do CIS e do propio delegado do Goberno español na Galiza. «Ningún deles foi quen de dar nin un só dado de persoas lesionadas, de persoas ameazadas», malia que a sentenza decorrene deste xuízo «fía unha serie de cousas insólitas para estabelecer que hai unha organización terrorista», recordando que até o de agora só foron cualificadas coma tales ETA, os GRAPO e o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive, «mais nestes casos si houbo lesións, si houbo feridos, si houbo ameazas».

Por derradeiro, Manuel Chao denunciou que o informe «de máis de 800 folios» lles foi entregado dous días antes da vista, polo que non lles deu tempo nin a revisalo coa profundidade que requería unha proba destas características. Aliás, as traducións lingüísticas dos documentos escritos en galego-portugués e atribuídos aos ou á acusada «tiñan incorreccións e non foron feitas por peritos expertos».