Colamos esta información facilitada nun correo ao respeito do próximo Encontro da Rede Galega de Sementes, que desta volta será en Betanzos, o sábado 15 de febrero a partir das 10h na Praza do Campo (Irmáns García Naveira).
O Programa vai ser o seguinte:
10.00h Apertura da feira
11.00h Apertura da mesa de troco.
12.00h Obradoiro de «Plantas que curan plantas. Purines e extractos vexetais para a horta»
Obradoiro para crianzas
14.00h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir!
18.30h Charla- Debate «Apropiación dos recursos naturais por parte das oligarquías e do Estado». Casos concretos na Galiza:
– Megaminería destructiva na costa da morte. Contraminate
– Cenit do petróleo, transición e resiliencia. Véspera de nada
– Lei de Augas. SL
– Tranxénicos e soberanía alimentaria. Antón
19.00h Peche da mesa de troco
e ó longo do día: música para acompañar a xornada, feira de produtorxs ecolóxicos, artesanas e xogos para crianzas
NOTAS:
– A mesa de troco de sementes estará pechada de 14.00 a 16.00h
– Haberá carpas e en caso de temporal a xornada será no Matadoiro (Rúa José García Acuña/Rúa Marina)
Máis información: http://redegalegadesementes.wordpress.com/