[Bergantiños] Reventa unha balsa mineira no Monte Neme. Un recordatorio do que podería suceder en Corcoesto??

Na madrugada de onte para hoxe, unha das balsas mineiras abandonadas de Monte Neme reventou e provocou o caos en Aviño (Malpica) e Razo da Costa (Carballo). Según apuntou unha veciña de Razo da Costa, as riadas comenzaran pouco despois de remitir a forza do vento. Entón, grandes masas de auga, mixturadas con terra, pedras e lodo, arrasaron leiras, camiños e ameazaron unha vivenda de Aviño. Por sorte non houbo danos ás persoa, mais algunhas leiras ficaron literalmente arrasadas pola forza da riada.

Ante elo, a Plataforma «Salvemos Cabana» denuncia que a rotura da balsa mineira do Monte Neme é un recordatorio do que podería suceder en Corcoesto:
Sigue leyendo [Bergantiños] Reventa unha balsa mineira no Monte Neme. Un recordatorio do que podería suceder en Corcoesto??

Carta dun prisioneiro ao Ministro de Xustiza

Colamos esta Carta asinada por Roberto C. Fdez. Pardiñas «Ceive», preso galego participante da Campaña Cárcere=Tortura, encirrado na actualidade no CP de Monterroso, e que recollemos da web de «El Retroceso». Diario Libertario de Lugo e Galaxia:

24 de Decembro de 2.013
Excelente Sr. Ministro de Xustiza.
Pola presente e con todos os respectos que merece, diríxomelle.

Co fin de comunicarlle o seguinte, de intercambiar algunhas formulacións no seu eficiente labor como adaíl da represión e o terror que é vostede, instaurou neste país mediante a doutrina do Shock e toda a confusión, incerteza e terror que as súas medidas restritivas e represivas impoñen á masa social.

En primeiro lugar as súas purgas recadatorias co fin de silenciar a un pobo atormentado, asustado e necesitado, paréceme un absoluto acto de tiranía, máis propio da idade feudal que dos tempos nos que uns avanzan e outros malviven ou sobreviven. O carácter da súa hábil manobra para silenciar ás masas menos favorecidas, é propio dunha mente tan retorcida como a súa, se ben e como deus non queda con nada de ninguén, a xente desasistida, usurpada polas entidades que o seu goberno monopoliza, lle van servir de nada pois está abocando a xente a unha explosión de desespero…
Sigue leyendo Carta dun prisioneiro ao Ministro de Xustiza

[A Coruña] Prorroga xudicial para o desaloxo do C.S.O. Palavea

Semella que a aceptación por parte de instancias xudiciais dun recurso pedindo a nulidade do xuízo concede un pequeno respiro ao Centro Social Okupado de Palavea, a piques do desaloxo policial ata o momento. Colamos de seguir o comunicado da asamblea da okupa explicando a nova situación (AQUÍ o orixinal no seu blog):

A asamblea do Centro Social Okupado de Palavea, ante a expectación esperatada polo mandato xudicial para abandoar a okupa antes do pasado 19 de Xaneiro, quere facer público o seguinte comunicado:

Primeiro dicir que, evidentemente, transgredimos o mandato da xuiza e continuamos realizando as actividades públicas que dan sentido a nosa okupación. Lamentablemente, o feito de poñer en lugar seguro gran parte do material da casa, unido aos preparativos para o desaloxo obligáronnos a recortar ostensiblemente a programación, axustando os horarios de apertura únicamente as actividades previstas.

Segundo, e quizais máis importante para satisfacer a curiosidade dos solidarios, que o desaloxo (ou, máis propiamente falando , desafiuzamento, posto que é un proceso civil) atópase momentáneamente paralizado debido a un recurso de nulidade prantexado na Audiencia Provincial.
Sigue leyendo [A Coruña] Prorroga xudicial para o desaloxo do C.S.O. Palavea

Hoxe Sábado 8 as 14:00′ .- Xantar solidario coa II Feira do livro en A Guarda

Damos pulo a esta Convocatoria para hoxe mesmo dun Xantar Solidario no CS «O Fuscalho» (fronte á Atalaia da Guarda):

A Feira será o derradeiro finde de abril (25, 26 e 27) e agardamos mellorala primeira edición cunha programación variada e bastante completa que xa case vai estando pechada.

Vemos a feira como unha ferramenta de difusión do pensamento antiautoritario e procuramos que sexa un espazo de encontro e intercambio de experiencias que contribuan á destrución das relacións de dominación e explotación que actualmente rixen as nosas vidas e esperamos que se reproduzan este tipo de iniciativas por outros lugares do territorio

Cando teñamos a programación definitiva enviaremosvola para máis información e difusión.

Sen mais unha aperta e esperamos contar con vos.

[Compostela] Martes 11 ás 21:00’ Documental “As Encobras.- A Ceo Aberto” a loita da parroquia de As Encrobas contra FENOSA en 1977. 2º pase do Ciclo «Luitas Veciñais» no Cinema-Forum Anarquista, no que contaremos con a presencia do seu director-realizador Xosé “Bocixa”.

Colamos esta convocatoria recibida das compas da Biblioteca Anarquista «A Ghavilla»:

Cando Xosé Bocixa era un meniño, vira como a súa parroquia de As Encrobas era engolida por unha mina. Contaba dez anos cando chegaran as excavadoras e se levaran por diante varias aldeas. Foi entón cando a idílica parroquia comenzara a expectorar po branco aos pulmóns da recén construida central térmica de FENOSA. Aquela chimanea insaciable alimentabase do chan rico en lignito. A mina foi así cobrando forma de burato ciclópeo, ata que se esgotou o carbón. Agora, anegado, é o segundo lago artificial máis grande da Galiza. Así é catalogado polas autoridades.

“Para poder explicarche como eran As Encrobas, terías que pechar os ollos e ver o que vexo eu, cómo era aquela terra”. Con esta nostálxica sentencia comenza o relato, en primeira persoa, sobre a desaparición física da parroquia de Encrobas, devorada pola mina de lignito que Unión Fenosa explota dende o ano 77 e que Xosé Bocixa revive neste documental que recupera a revolta agraria de 1977 contra as expropiacións de terrenos que levara a cabo a eléctrica Fenosa. Fora, xunto a Xove e Baldaio, un dos fitos da luita campesina galega. As paisanas blandían paraugas; os guardas civis, mosquetóns: «É un erro considerar que fose unha batalla puntual, porque se trata da historia dunha destrucción constante. Con o paso do tempo, as casas agrietaranse, o cemiterio veuse abaixo e muitas veciñas fumos desprazadas. Os meus pais remataran a outra beira do val, en Meirama», lembra Bocixa.
Sigue leyendo [Compostela] Martes 11 ás 21:00’ Documental “As Encobras.- A Ceo Aberto” a loita da parroquia de As Encrobas contra FENOSA en 1977. 2º pase do Ciclo «Luitas Veciñais» no Cinema-Forum Anarquista, no que contaremos con a presencia do seu director-realizador Xosé “Bocixa”.

[Vigo] Sábado 8 as 20:30′ Concerto Solidario con o CSO «La Casika» de Móstoles no Distrito9

Recibimos esta convocatoria solidaria con o centro social «La CasiKa» de Mostoles que, unha vez arquivada a vía penal, está outra vez baixo a sombra da amenaza, agora pola via civil, do desaloxo. O xuízo previsto para o xoves 23 de xaneiro foi adiado ata nova orden por diversos motivos procesais, durante esa manán unhas 200 persoas solidarias estiveron concentrándose fora dos xulgados en apoio das duas persoas encausadas, días antes (18 de xaneiro) miles de veciños e veciñas deran o seu apoio nunha manifestación, tal como se reflexa neste Comunicado de Agradecemento.

Despois de 16 anos de que este centro social estivera disponible para os movimentos sociais, queren derrubar esta antigua casa e eliminar este espazo para deixar un frío solar e depois construir vivendas de luxo. É por iso que demandan toda a axuda posible e que todos os colectivos que queiran que se poñan mans á obra organizando actos, concertos, charlas, etc. dado que os gastos económicos e as indemnizacións que peden no proceso xudicial son desorbitadas e se agradece todo o apoio posible. (Ver acá Comunicado en galego)

Nesa medida xurdiu este Concertazo Solidario organizado pola distri «El Fary es Dios» e o Centro Social Autoxestionado de Coia «Distrito 09», sito no Camiño de Figueirido nº 89, onde terá lugar o concerto, no que estarán tocando:
Sigue leyendo [Vigo] Sábado 8 as 20:30′ Concerto Solidario con o CSO «La Casika» de Móstoles no Distrito9

[Compostela] María Pardo, vozeras municipal do PP fala de roubar cableado polo que poidera passar…

A operaçom Pokemon está a fazer estragos no PP (e no PSOE) das cidades galegas, se bem no caso de Compostela bate recordes de pessoas imputadas no consistório municipal (12 imputadas de 15), feito do que já falaramos há tempo, acá em Abordaxe.

Deveria estar nom só indignado, senom rabeando ante tais desmáns, mas assim é a sua democracia, e prefiro tirar do humor para rir dessas suas incongruências que lhes leva a dizer coisas como esta numha rolda de imprensa de janeiro passado: «Nos hemos puesto al día en robo de cable hasta este momento porque nunca se sabe lo que pasará a continuación». Em que estaria a pensar a vozeira ??

[soundcloud url=»https://api.soundcloud.com/tracks/132722642″ params=»auto_play=false&hide_related=false&visual=true» width=»70%» height=»60″ iframe=»false» /]
Sigue leyendo [Compostela] María Pardo, vozeras municipal do PP fala de roubar cableado polo que poidera passar…

Entrevista de Ceivar ao preso independentista Antom Santos

Colamos em solidariedade esta entrevista feita para o Organismo Popular Anti-repressivo Ceivar do preso independentista galego Antom Santos (aportamos o deseno feito por Antom na prisom pois ainda que dentro do cárcere nom tem acesso a bom material para o debuxo, fixo-lhes chegar esta maravilha á AMAL (Agrupaçom de Montanha Augas Limpas):

Antom Santos foi separado da sua contorna vital em Dezembro de 2011. Destacado historiador, investigador e docente. As pessoas que o conhecem sabem da sua implicaçom como militante nos movimentos populares mas também da sua grandeza humana. Em junho de 2012 foi condenado a 10 anos de cadeia por «participaçom em organizaçom terrorista» e «falsificaçom documental», desde entom permanece na prisom de Aranjuez (Madrid) a 700 quilómetros da sua morada.

Durante o juízo do 24 de Junho, a estratégia da Fiscalia e do juiz Guevara provocou o protesto da vossa Defesa, qual foi a tua percepçom?

Antes de fixar-me nos aspectos formais, por escandalosos que foram, cumpriria reparar no que se topa por baixo daquele espectáculo.

Nom é novidade assinalar que, desde há décadas, o Estado tem entre as suas preocupaçons o que chama «independentismo radical» e que nós conhecemos como independentismo revolucionário. Trabalhou-se persistentemente e desde várias frentes para bani-lo do mapa galego ou, quanto menos, por reduzi-lo à mínima expressom.
Sigue leyendo Entrevista de Ceivar ao preso independentista Antom Santos

[Ourense] Venres 7 Concerto Solidario ‘Aborto Libre: As Mulleres Decidimos!’

Damos pulo a esta convocatoria recibida na nosa caixa de correos e que reproducimos:

Boas xente! reenvío convite para este venres:

Concerto da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto: «Aborto Libre, As Mulleres Decidimos!»

Venres 7 de febreiro, 21.00h no Café Cultural Auriense (Praza do Correxidor) de Ourense.

Coa participación de ‘As Outras’ e ‘The Tetas Van’

Haberá música, festa e moitas sorpresas! Entrada 2€

Saúdos feministas!

[Betanzos] IX Encontro da Rede galega de sementes sábado 15 de febreiro

Colamos esta información facilitada nun correo ao respeito do próximo Encontro da Rede Galega de Sementes, que desta volta será en Betanzos, o sábado 15 de febrero a partir das 10h na Praza do Campo (Irmáns García Naveira).

O Programa vai ser o seguinte:

10.00h Apertura da feira
11.00h Apertura da mesa de troco.
12.00h Obradoiro de «Plantas que curan plantas. Purines e extractos vexetais para a horta»
Obradoiro para crianzas
14.00h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir!
Sigue leyendo [Betanzos] IX Encontro da Rede galega de sementes sábado 15 de febreiro

[Vigo] Hoxe martes 4.- Comenza Ciclo de Palestras e outras actividades das xornadas «Barrios, Espazos de Vida. A Experiencia de Coia»

Recibimos un par de correos de Eduardo Rodríguez, un dos organizadores deste ciclo que comenzou onte 3 de febreiro con unha exposición na Biblioteca municipal «Xosé Neira» (que permanecerá aberta ata o 1 de marzo) e que hoxe terá continuidade con a palestra “A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX” ( a primeira dun ciclo de 3 charlas que terán lugar os martes 4, 11 e 18 ás 19:30′) e que se completará con unha actividade para o público infantil (o martes 25 dende as 6 da tarde). Mais imos colar xa a información recibida deste interesante ciclo que permitirá, as suas asistentes, coñecer mellor un dos barrios máis combativos e deteriorados da historia de Vigo.

CICLO DE CHARLAS:

“A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX” a cargo de Eduardo Rodríguez. Martes 4 de febreiro ás 19h30.
Sigue leyendo [Vigo] Hoxe martes 4.- Comenza Ciclo de Palestras e outras actividades das xornadas «Barrios, Espazos de Vida. A Experiencia de Coia»