Carta dun prisioneiro ao Ministro de Xustiza

Colamos esta Carta asinada por Roberto C. Fdez. Pardiñas «Ceive», preso galego participante da Campaña Cárcere=Tortura, encirrado na actualidade no CP de Monterroso, e que recollemos da web de «El Retroceso». Diario Libertario de Lugo e Galaxia:

24 de Decembro de 2.013
Excelente Sr. Ministro de Xustiza.
Pola presente e con todos os respectos que merece, diríxomelle.

Co fin de comunicarlle o seguinte, de intercambiar algunhas formulacións no seu eficiente labor como adaíl da represión e o terror que é vostede, instaurou neste país mediante a doutrina do Shock e toda a confusión, incerteza e terror que as súas medidas restritivas e represivas impoñen á masa social.

En primeiro lugar as súas purgas recadatorias co fin de silenciar a un pobo atormentado, asustado e necesitado, paréceme un absoluto acto de tiranía, máis propio da idade feudal que dos tempos nos que uns avanzan e outros malviven ou sobreviven. O carácter da súa hábil manobra para silenciar ás masas menos favorecidas, é propio dunha mente tan retorcida como a súa, se ben e como deus non queda con nada de ninguén, a xente desasistida, usurpada polas entidades que o seu goberno monopoliza, lle van servir de nada pois está abocando a xente a unha explosión de desespero…
Sigue leyendo Carta dun prisioneiro ao Ministro de Xustiza

Comentando Abordaxe desde o Anonimato

«Prefiro ser um Bêbedo Conhecido, que um Alcoólatra Anônimo»

Quem, com certa assiduidade, vissita este blog sabe que nom excluimos praticamente nengum comentário, tirando alguns nos que se insulta leitor@s e/ou administrador@s, e para e-lo servem-se do anônimato.

Poida que haxa quem pense que nunca há razons que justifiquem de ser borrados e que todo acto nesse sentido só agocha censuras porque nom gostamos de críticas. Por tudo isso, eu Edu, no meu nome próprio e falando só por mim, declaro que se há algo que odeio é o comentário anônimo, primeiro porque vem de covardes e despois porque, valendose do anonimato, só dam opinions com um nível moi baixo apoiándo-se nos insultos e/ou desqualificaçons e sem aportar absolutamente nada, pelo que soem trazer mais malefícios do que benefícios. Nom é casual que em blogs da extrema direita presumam de publicar com orgulho de anonimato.
Sigue leyendo Comentando Abordaxe desde o Anonimato

[Estado español] Foron xs Anarquistas

Colamos traducido ao galego de ContraInfo:

Escoita, eu vingo a cantar por aqueles que caeron; non digo nomes nin sinais; só digo compañeiros… e canto aos outros, aos que están vivos, e poñen o mira sobre o inimigo…

Axs amigxs e compañeirxs, coñecidxs e descoñecidxs que abrazan as ideas anarquistas, axs que mantén a cabeza alta nas prisións e axs que mantén viva a loita na rúa. Unha breve reflexión acerca da loita anarquista no Estado español.

Estamos nun momento político e social curioso. Por un lado ETA deixa as armas. GRAPO está aparentemente desarticulado e o fundamentalismo islámico vén perdendo presenza mediática nesta parte do globo. Paralelamente a crise social aparellada á suposta crise económica (e dicimos suposta porque o capitalismo é en si mesmo unha crise constante e porque para xs de abaixo é o estado perpetuo no que nos encontramos) parece recruarse. Novos brotes de protesta e mesmo de disturbio aumentan por diversos lugares e ámbitos sociais da xeografía peninsular e o Estado vai quedando sen un inimigo interno a quen cargar as culpas, dado que facelo sobre o «pobo», en favor do cal todo o mundo di obrar, non parece o máis apropiado. Xorde con ímpeto o fantasma anarquista, como un demo interior a quen culpar de todos os desbordamentos das protestas, de todos os agravamentos das loitas. Para desactivalas o Estado non pode permitirse o luxo de reprimir cruamente a poboación nin de insinuar sequera que esta ten algo que ver. Por iso ha de illar e calumniar todo conato de rebelión, para facela antipática ao común dos mortais, non vaia ser que estes episodios e exemplos se contaxien. Así pois dende fai xa algún tempo o coco ao que enfrontarse, quen leva á pobre xente pola senda da violencia e a barbarie, e enriba pon bombas e queima igrexas, son xs anarquistas (o cal tampouco é mentira). Un éter, algo sen un corpo definido pero ao que se intenta estruturar o suficiente como para que poida ser catalogado en si mesmo como banda terrorista pero non tanto como para que no seu seo caiba calquera indicio rebelde.
Sigue leyendo [Estado español] Foron xs Anarquistas

Xoves 6 febreiro.- Día Internacional de Solidariedade con Leonard Peltier, 37 anos preso nos EEUU

Damos pulo a esta campaña internacional de solidariedade para con Leonard Peltier, de Lakota/Anishnabe, activista polos direitos dos pobos indíxenas, que mañán 6 de Febreiro, cumprirá 38 anos de encarceramento como prisionero, sen probas, nos cárceres estadounidenses. O mesmo goberno dos USA recoñeceu, despois de esgotadas todas as posibles vías para recurrir o seu encarceramento, que Leonard non era culpable da morte de dois axentes federais, polas que fora condenado a dois cadenas perpetuas. Peltier, tras pasar polas duras experiencias dos penais dos USA, ainda sobrevive e está a piques de cumprir 70 anos de idade. Para lembrar esta súa situación e exixir a súa imediata liberación, ven de iniciarse unha campaña internacional de visibilización.

Entre as accións previstas temos constancia por Indymedia Barcelona, que haberá Concentracións en Barcelona, a primeira mañán xoves 6 ás 12:30h diante do Consulado dos EEUU (que se repetirá cada xoves dende agora) e a seguinte no sábado 8 na praza de Sant Jaume. (tal como figura na imaxen)

Tambén hai organizada, a nivel internacional, unha recollida de sinaturas con nome e apelidos, que será entregada polos Indíxenas Americanos a Obama para apelar clemencia e que o deixen volver con a súa familia e o seu pobo, para que poida pasar os seus derradeiros días en paz con os seus netos e bisnetos que nunca chegou a coñecer.

Colamos de seguido o contexto en que Leonard foi feito prisioneiro e un seu comunicado, que colamos da web ElLokal:
Sigue leyendo Xoves 6 febreiro.- Día Internacional de Solidariedade con Leonard Peltier, 37 anos preso nos EEUU

[Compostela] María Pardo, vozeras municipal do PP fala de roubar cableado polo que poidera passar…

A operaçom Pokemon está a fazer estragos no PP (e no PSOE) das cidades galegas, se bem no caso de Compostela bate recordes de pessoas imputadas no consistório municipal (12 imputadas de 15), feito do que já falaramos há tempo, acá em Abordaxe.

Deveria estar nom só indignado, senom rabeando ante tais desmáns, mas assim é a sua democracia, e prefiro tirar do humor para rir dessas suas incongruências que lhes leva a dizer coisas como esta numha rolda de imprensa de janeiro passado: «Nos hemos puesto al día en robo de cable hasta este momento porque nunca se sabe lo que pasará a continuación». Em que estaria a pensar a vozeira ??

[soundcloud url=»https://api.soundcloud.com/tracks/132722642″ params=»auto_play=false&hide_related=false&visual=true» width=»70%» height=»60″ iframe=»false» /]
Sigue leyendo [Compostela] María Pardo, vozeras municipal do PP fala de roubar cableado polo que poidera passar…

Umha visom do futuro: Quando todos os Roberto Adinolfi caminharem de muletas

Colamos de ContraInfo este texto do anarquista Sean Swain, preso nos EUA:

Voltando a Maio de 2012, Roberto Adinolfi dirigia a Ansaldo Nucleare – que construe centrais nucleares em toda a Europa, incluindo umha em Kroko, Eslovénia, e outra em Cernadova, na Roménia. Adinolfi tem poder, dinheiro, prestígio e influência. Para ele, os sofrimentos e as mortes de Fukushima, Japom, nom foram nem de longe tam reais como o seu espaçoso e climatizado escritório, a sua luxuosa casa de Génova ou a sua roupa cara.

Às vezes devem quebrar-se alguns ovos para fazer umha tortilha. Para além disso, nengumha das suas trampas mortais fundira-se ainda.

Ainda. Palavra chave. Ainda.
Sigue leyendo Umha visom do futuro: Quando todos os Roberto Adinolfi caminharem de muletas

Non deixemos só a José Antúnez Becerra na súa folga de fame!

Colamos de Tokata este Comunicado do Grupo de Apoio de José Antúnez no seu dezaoito día en folga de fame, iniciada en 14 de xaneiro, tal como contáramos acá en Abordaxe, onde tambén deramos conta do seu Manifesto dando as razóns para porse en folga:

José Antúnez Becerra, preso actualmente no C.P. Brians II, decidiu poñerse en folga de fame indefinida o pasado luns, 14 de xaneiro. Actualmente perdeu moitos quilos de peso e ten o nivel de azucre moi baixo. Esixe que se revise a súa condena e se lle poña unha data para poder saír.

Durante os últimos anos, a xunta de tratamento non quixo permitirlle acceder aos programas necesarios para poder solicitar permisos de saída. Ultimamente, requisaron o seu ordenador persoal, negáronlle a posibilidade de poder traballar e non queren adaptar a súa alimentación á súa dieta vexetariana. Encóntrase en quella sen saída e decidida a poñer fin a iso cunha folga de fame, poñendo en risco a súa vida, a única arma dos presos ante o sistema penitenciario. Está decidido a seguir ata o final se non lle dan unha solución á súa situación.
Sigue leyendo Non deixemos só a José Antúnez Becerra na súa folga de fame!

Convocatoria dunha columna COPEL-APRE na «Marcha pola Dignidade» que chegaría a Madrid o próximo 22 de marzo

O 22 de marzo iremos a Madrid na Marcha pola Dignidade.

A COPEL (Coordinadora de Presos en Loita), a APRE (r) (Asociación de Presos en Réxime Especial Reconstituída), os membros que quedamos vivos despois do exterminio sufrido polos cárceleros daquela época «post-franquista» e xs familiares e amigxs de ambos os dous farémolo pola dignidade dxs vivxs e xs mortxs, aquela que non perdemos ás mans dxs nosxs torturadorxs xs asasinxs de tantxs amigxs en prisión, pola dignidade que mantivemos sen perder a humanidade para cos nosos reféns cando os motíns nas prisións as fixeron arder.

Colamos de Tokata

O 22 de marzo iremos a Madrid na Marcha pola Dignidade.

A COPEL (Coordinadora de Presos en Loita), a APRE(r) (Asociación de Presos en Réxime Especial Reconstituída), os membros que quedamos vivos despois do exterminio sufrido polos cárceleros daquela época «post-franquista» e xs familiares e amigxs de ambos os dous farémolo pola dignidade dxs vivxs e xs mortxs, aquela que non perdemos ás mans dxs nosxs torturadorxs xs asasinxs de tantxs amigxs en prisión, pola dignidade que mantivemos sen perder a humanidade para cos nosos reféns cando os motíns nas prisións as fixeron arder.
Sigue leyendo Convocatoria dunha columna COPEL-APRE na «Marcha pola Dignidade» que chegaría a Madrid o próximo 22 de marzo

Mexico. Carta de Carlos Lopez Marin. AI FERRI CORTI Con sus métodos de dominación

Informabamos acá en Abordaxe da detención de Fallon Poisson e Amelie Pillierst (ambos de orixen canadiano) e a Carlos López Martin (mexicano) compañeirxs anarquistas participantes en varios proxectos e iniciativas de afinidade. Agora reproducimos (traducido) do blogue PublicaciónRefractario esta Carta de Carlos:

Un fuerte abrazo para todxs xs compañeirxs!

Foime moi grato enterarme dos xestos de apoio que dende fóra se nos dá axs tres presxs anarquistas. Seguimos firmes e fortes a pesar das parvas acusacións que se nos fan e dos comentarios amedrentadores (aquí dinnos que pasaremos moito tempo en prisión) que buscan apagar a nosa identidade. Non o lograrán, pois estamos firmes e con convicción.
Sigue leyendo Mexico. Carta de Carlos Lopez Marin. AI FERRI CORTI Con sus métodos de dominación

[Burgos] Comunicados contra a criminalización do Gamonal

Colamos de diario de Vurgos estes dois interesantes Comunicados tirados por unha banda pola Biblioteca Anarquista «La Maldita» ubicada nese barrio e por outra pola Asamblea de Gamonal en resposta aos intentos de criminalización da luita.

1.- Comunicado da Biblioteca Anarquista «La Maldita»: Sobre os ensaios de literatura da policía de Burgos
Responder a acusacións e calumnias non é nin agradable nin creativo, non obstante sentímonos obrigadxs de facelo porque outros falaron sobre nos. Dicir que nin nos emociona demasiado e en gran parte é unha perdida de tempo. Por iso deixaremos ben explicito que non imos responder a cada intoxicación, nin imos entrar en dialogo nin coa policía nin cos xornalistas; só pretendemos deixar unhas cousas claras.
Os medios de comunicación tiveron constantes intentos de manipulación: primeiro os de fóra, logo os profesionais dos disturbios, antisistemas e radicais, que se os anarquistas….
Sigue leyendo [Burgos] Comunicados contra a criminalización do Gamonal