[Estado español] Foron xs Anarquistas

Colamos traducido ao galego de ContraInfo:

Escoita, eu vingo a cantar por aqueles que caeron; non digo nomes nin sinais; só digo compañeiros… e canto aos outros, aos que están vivos, e poñen o mira sobre o inimigo…

Axs amigxs e compañeirxs, coñecidxs e descoñecidxs que abrazan as ideas anarquistas, axs que mantén a cabeza alta nas prisións e axs que mantén viva a loita na rúa. Unha breve reflexión acerca da loita anarquista no Estado español.

Estamos nun momento político e social curioso. Por un lado ETA deixa as armas. GRAPO está aparentemente desarticulado e o fundamentalismo islámico vén perdendo presenza mediática nesta parte do globo. Paralelamente a crise social aparellada á suposta crise económica (e dicimos suposta porque o capitalismo é en si mesmo unha crise constante e porque para xs de abaixo é o estado perpetuo no que nos encontramos) parece recruarse. Novos brotes de protesta e mesmo de disturbio aumentan por diversos lugares e ámbitos sociais da xeografía peninsular e o Estado vai quedando sen un inimigo interno a quen cargar as culpas, dado que facelo sobre o «pobo», en favor do cal todo o mundo di obrar, non parece o máis apropiado. Xorde con ímpeto o fantasma anarquista, como un demo interior a quen culpar de todos os desbordamentos das protestas, de todos os agravamentos das loitas. Para desactivalas o Estado non pode permitirse o luxo de reprimir cruamente a poboación nin de insinuar sequera que esta ten algo que ver. Por iso ha de illar e calumniar todo conato de rebelión, para facela antipática ao común dos mortais, non vaia ser que estes episodios e exemplos se contaxien. Así pois dende fai xa algún tempo o coco ao que enfrontarse, quen leva á pobre xente pola senda da violencia e a barbarie, e enriba pon bombas e queima igrexas, son xs anarquistas (o cal tampouco é mentira). Un éter, algo sen un corpo definido pero ao que se intenta estruturar o suficiente como para que poida ser catalogado en si mesmo como banda terrorista pero non tanto como para que no seu seo caiba calquera indicio rebelde.
Sigue leyendo [Estado español] Foron xs Anarquistas

[Madrid] Sábado 8 as 19:00′.- Manifestación: Contra a súa represión. A nosa resistencia!

Entanto por estes lares «seguimos a velas vir» (ben porque a algunhas organizacións preocupalles máis a luita institucional ou as mobilizacións dirixidas como gando que as luitas pola dignidade que non poden controlar nen dirixir), noutras partes do estado xá se están mobilizando para combater a represión da que estamos sendo obxectivo toda persoa que sae ás rúas a manifestarse contra os abusos do poder.

Así, recollemos de InfoNodo50 esta convocatoria que parte de diversos colectivos de Madrid para celebrar unha manifestación o próximo sábado 8 de febreiro ás 19:00h, dende Cibeles ata Praza España, baixo o lema «Contra a súa represión, A nosa resistencia!» para denunciar a represión policial e a «caza de bruxas» orquestrada pola Delegación do Goberno de Madrid, con Cristina Cifuentes á cabeza, contra os movementos sociais da capital, e da que colamos o seu Manifesto, por ver se cunde o exemplo. Sigue leyendo [Madrid] Sábado 8 as 19:00′.- Manifestación: Contra a súa represión. A nosa resistencia!

Luis Miguel Mingorance Corral, «Hueso Pavo», preso da CampañaCárcere=Tortura en Folga de Fame Indefinida dende o 10 de xaneiro no cárcere de Soto del Real (Madrid)

Recollemos de Boletín Tokata, esta información da web da Campaña Cárcere= Tortura ao respeito da decisión de porse en Folga de Fame Indefinida de Luís Miguel Mingorance, alcumado «Hueso Pavo», quen é un dos presos sociais que leva máis tempo na loita contra os cárceres, :

«Hueso Pavo», 14 anos preso, actualmente na prisión de Soto del Real (Madrid), declarouse en Folga de Fame Indefinida o pasado 10 de xaneiro, co que levaría 28 días de xaxún, polas seguintes reivindicacións: Sigue leyendo Luis Miguel Mingorance Corral, «Hueso Pavo», preso da CampañaCárcere=Tortura en Folga de Fame Indefinida dende o 10 de xaneiro no cárcere de Soto del Real (Madrid)

José Antúnez Becerra e a COPEL. No seu vixésimosegundo día de Folga de Fame.

Colamos de Tokata o seguinte Comunicado de Agustín Moreno Carmona, membro fundador da COPEL en Carabanchel, e este video de PK–Activismo AudioVisual sobre a Folga de José:

[vimeo http://vimeo.com/85850573]

LIBERDADE JOSÉ ANTÚNEZ BECERRA!

Un preso só, inanimado, está nunha cela. Loita lento, ten o corazón de fera. Alá onde está desangra enerxías, loita contra o bocado por fame de xustiza. Non quero rancho, chamo os meus amigos que por acollerme suspiran. Aquí estamos na mala hora de verte sufrindo e se por nós fose cambiariamos o amigo de dentro a fóra. Se que estades comigo en loita contra a miña condena e sen barrotes e alegre a liberdade e a vida compartir convosco quixera. Saúde mental, control total queren os que che queren, veñen e van co pensamento da túa liberdade.
Sigue leyendo José Antúnez Becerra e a COPEL. No seu vixésimosegundo día de Folga de Fame.

[Alcorcón]: Do apoio á folga de lixos á loita de todas. Comunicado de @ApoyoVecinal e críticas curiosas dun sindicato policial

Reproducimos acá un copilado de últimas noticias sobre o que aconteceu e o que acontece ao redor desta loita operaria que se deu convertida en luita veciñal.

Colamos primeiro o artigo «Alcorcón: do apoio á folga de lixos á loita de todo un pobo» asinado por Sam Robson na web @EnluchaMadrid , para despois dar conta das novidades sobre a folga e as detidas e do último ComunicaAcordo da Asamblea Xeral da folga:do de @ApoyoVecinal «O pobo de Alcorcón continúa reivindicando os seus dereitos», colado súa web, e completamos con a «curiosa» crítica policial.
Sigue leyendo [Alcorcón]: Do apoio á folga de lixos á loita de todas. Comunicado de @ApoyoVecinal e críticas curiosas dun sindicato policial

[Alcorcón] 15 detidas tras a manifestación veciñal en apoio da folga do lixo. Na carga policial pegaron nunha meniña de 5 anos.

En contraste con a habitual desinformación e manipulación nos medios, ofrecemos os motivos da folga do lixo, algo doado de explicar como fai un meiño no deseño que acompaña esta notícia), as razóns da solidariedade da veciñanza, e as denuncias da brutalidade policial que chegou a cargar contra unha meniña de 5 anos ( poida que para que non debuxe cousas como o seu veciño, un dado que, curiosamente, non recollen os medios que falan de violentos para referirse a quen se enfronta aos desmáns de alcaldes e policías)

Máis de 5.000 asistentes abarrotan as rúas de Alcorcón en defensa do público e exixindo a dimisión dol Alcalde e en solidariedade con os traballadores despedidos e con a folga; para «esixir ao rexedor que rectifique a súa política de recortes, de despedimentos e de intransixencia», así como para mostrar o seu desacordo pola externalización do servizo de retirada de vidro. Entre as frases máis repetidas, as participantes corearon «Hoxe o lixo está en Valladolid», en referencia á presenza do rexedor, David Pérez, na convención nacional do PP; «David Pérez, ninguén che quere» ou «Alcalde, escoita, o pobo está na loita».
Sigue leyendo [Alcorcón] 15 detidas tras a manifestación veciñal en apoio da folga do lixo. Na carga policial pegaron nunha meniña de 5 anos.

[Barcelona] A xuíza decreta prisión para un dos detidos polo ataque a un grupo ‘ultra’ en 12-O.

Informabamos estes días en Abordaxe sobre a detención e posterior rexistro no CSO Can Vies de Sants, agora soubemos polo diario dixital en catalán «Ara» do resultado do seu xulgamento, que colamos unha vez traducido:

A maxistrada argumenta que este detido xa estaba pendente de xuízo por unha outra agresón e que podería reincidir. Os outros cinco arrestados ficaron en liberdade provisional pero con a prohibición de participar en manifestacións.

Un dos seis detidos o martes polo ataque a un grupo de “ultras” que se producira en 12 de outubro ven de ser encirrado provisionalmente no cárcere “Modelo”este venres por orden da xuíza que leva o caso, Pilar Rovira del Canto.

Segundo a resolución xudicial, F. P. V. ten pendente un xuízo por unha outra agresión polo que a fiscalia demanda que se lle condene a seis anos por este caso anterior. Alén, das escoitas telefónicas autoritzadas para investigar o ataque do 12-O desprendese que F.P.V. «planexa [planexaba] accións concretas de venganza por agresións contra integrantes de su grupo «e» recluta [reclutaba] terceiras persoas para conseguir que houbera más agresores e asegurar o éxito da “acción». Por estas razóns, a maxistrada considera que o mozo podería reincidir. «O risco de reiteración delictiva deste imputado é muito más intenso que no resto», concreta.
Sigue leyendo [Barcelona] A xuíza decreta prisión para un dos detidos polo ataque a un grupo ‘ultra’ en 12-O.

[Madrid].- A policía é obrigada a fuxir pola veciñanza de Lavapiés tras desafiuzar a un enfermo crónico.

[youtube http://www.youtube.com/watch?v=-wEZN0PHki4]

O desafiuzamento de Antonio, un home de 54 anos con unha enfermidade crónica e incapacidade permanente, saldouse onte, 31 de xaneiro, con duros enfrontamentos entre policías e veciñxs do barrio de Lavapiés de Madrid, que dende primeira hora da mañán se concentraran para evitar o desafiuzamento convocados pola Asamblea de Vivenda do centro de Madrid. Pouco despois da unha da tarde, cando xa se producira o desafiuzamento, a policía municipal (antidisturbios) comenzou a cargar contra veciñxs e activistas que continuaban concentrados arredor da vivenda.

Antonio vivía de aluguer nunha vivenda con unha mensualidade superior á súa pensión de incapacidade. A pesar da oposición dxs veciñxs, a comisión xudicial accedeu á vivenda de Antonio e levou a termo o desafiuzamento. Segundo a Comisión de Vivenda de Madrid, Antonio atopase sen máis alternativa que acabar vivendo na rúa.

[Burgos] Comunicados contra a criminalización do Gamonal

Colamos de diario de Vurgos estes dois interesantes Comunicados tirados por unha banda pola Biblioteca Anarquista «La Maldita» ubicada nese barrio e por outra pola Asamblea de Gamonal en resposta aos intentos de criminalización da luita.

1.- Comunicado da Biblioteca Anarquista «La Maldita»: Sobre os ensaios de literatura da policía de Burgos
Responder a acusacións e calumnias non é nin agradable nin creativo, non obstante sentímonos obrigadxs de facelo porque outros falaron sobre nos. Dicir que nin nos emociona demasiado e en gran parte é unha perdida de tempo. Por iso deixaremos ben explicito que non imos responder a cada intoxicación, nin imos entrar en dialogo nin coa policía nin cos xornalistas; só pretendemos deixar unhas cousas claras.
Os medios de comunicación tiveron constantes intentos de manipulación: primeiro os de fóra, logo os profesionais dos disturbios, antisistemas e radicais, que se os anarquistas….
Sigue leyendo [Burgos] Comunicados contra a criminalización do Gamonal

Morre na prisión de Aranjuez o Compañeiro «Orka» partícipe da Campaña Cárcere=Tortura

Colamos de Tokata:

Están a deixarnos morrer. Están a matarnos a todos. Isto é un xenocidio… estas palabras eran as que introducían a noticia da morte de ‘Orka’ J.M.O.D. Na mañá de hoxe (29-01-14) encontraban morto na súa cela á hora do reconto a ‘Orka’. A morte ten debido á desasistencia e abandono médico ao que estaba sometido.

Sufría de continuos ataques epilépticos debido a unha bala aloxada no seu cranio tras un disparo hai máis de 10 anos. No último ano padecera dúas perdas de conciencia. En decembro, tras un ataque epiléptico puxéronlle un parte que motivou a retirada do permiso que tiña outorgado. Orka debía de ter estado en observación constante en enfermaría debido aos seus continuos ataques e perdas de coñecemento. Ademais de ter diagnosticado (entre outras) unha hepatopatia crónica por virus C non tiña tratamento ningún estando en estudo para un posible inicio dun para a infección por VHC, a pesar de que o artigo 208 do regulamento penitenciario prevé, respecto das prestacións sanitarias, que «a todos os internos sen excepción se lles garantirá unha atención médico-sanitaria equivalente á dispensada ao conxunto da poboación».

Orka estaba involucrado na loita contra o réxime penitenciario e participaba na Campaña de denuncia contra a Tortura e os Malos Tratos dentro de prisión.

Dende Tokata (e dende Abordaxe) solidarizámonos coa súa familia e amigos.

Honra para Orka. Forza para a súa familia.

Despedímonos de Orka recordando as súas palabras:

«Un viva á liberdade»
Sigue leyendo Morre na prisión de Aranjuez o Compañeiro «Orka» partícipe da Campaña Cárcere=Tortura

Alguén tiña que facer estas preguntas !!.

Contaramos días atrás aquí en Abordaxe, medio de brincadeira, medio de sopetón, a noticia de que o ministro do Interior confía no brazo incorrupto de santa Teresa para sair da crise. Agora vimos de saber por EuropaPress que Amaiur tomou a iniciativa de facer unha serie de preguntas ao goberno Rajoy no congreso para que explique como é que intercede santa Teresa de Jesús por España e a crise, e se a virxe do Rocío axuda neste mesmo propósito (Fátima Báñez, ministra do desemprego, atribuiulle o ano pasado a esta virxe o «regalo» da saída da crise) e alén quere saber se é que existen «máis intercesións divinas e sobrenaturais» na actual situación do Estado.

Do mesmo xeito, preguntan si se ten notado «melloras» no ministerio de Interior tras condecorar en 2012 á Virxe do Pilar e se, en termos xerais, o goberno considera que con este tipo de actuacións respeita a aconfesionalidade do Estado ou se prevé impulsar que España se converta nun Estado confesional.
Sigue leyendo Alguén tiña que facer estas preguntas !!.