Á ABORDAXE !! Xá está na rúa o nº 4 da nosa Revista Anarquista en papel !!!

Despois de un longo proceso de redacción, recopilación, tradución, montaxen, impresión e encuadernación, todo feito na casa e con a colaboración especial das compas da imprenta alternativa Irrintxi de Vitoria-Gasteiz, temos xá na rúa o novo número da nosa revista en papel, o nº 4, con un amplo contido de temáticas anarquistas e colabouracións especiais e «inéditas» ata hoxe, en 68 páxinas para ler con a calma ou con ávidez (ao gosto de cada quen) e por só 2 €.
Queremos aproveitar para agradecer a todas as persoas que colabouraron para que esta Revista sexa unha realidade. En breve publicaremos unha listaxe con os lugares de venda e distribución (se estades interesadas en distribuila poñervos en contacto con nós) e con as localidades onde imos presentala. Tambén estamos a traballar nun novo blogue (abandonamos google para irnos a wordpress) que será inaugurado con a publicación en pdf deste nº 4 para a súa leitura e descarga gratuíta.
Colamos o índice temático (por orden de paxinación):
A Modo de Editorial
Breve Historia da Piratería (artigo de C. Rivas para Aobordaxe!)
Isto non é o casco vello de Donosti (artigo sobre a okupación da Sala Iago de Compostela)
«O Occidental Abominable» (Auto-entrevista de Pedro García Olivo sobre as suas actuais liñas de investigación, feita en especial para este nº de Abordaxe)
«Lumes e lumes» (artigo sobre a criminalización social do lume)
«Son un Labrego» (Poema criativo)
«Big Brother Porto Ano 29 da era Orwell» (panfleto atopado nas rúas de Porto)
«O Laboratotio Helénico» (unha visión sobre o mundo libertario grego)
«Luita e Represión nos Cárceres» (artigo sobre a Historia da Campaña Cárcere=Tortura dos anos 2011 ao 2013 polo Grupo de Apoio de Galiza Sur)
«Proclama da Okupación»
«Foronse as Árbores» (Poema anónimo)
«Breve Exposición da Noción de Territorio e a súas Implicacións» (artigo de Miquel Amorós en especial para este nº de Abordaxe)
«Amancio Ortega, um ejemplo a seguir por todas?»
– Sobre a violencia (dous diferentes reflexións sobre o seu uso): «Estou Farto de Chachachá» e «Condenamos as vosas Condenas de Violencia»
«Miedo y Asco en el Chiringuito» (artigo sobre as drogas nos 80 e agora)
«Conversa con Alfredo M. Bonanno»(transcripción das conferencias impartidas no estado español en 2012 feita con a colabouración e consentimento do mesmo, para este nº)

anarquistas, cultura, galiza, reflexion
31/01/14 10:49

Un par de apuntamentos sobre as protestas en Ucraína e o papel nelas da ultradereita.

Colado e traducido do blogue «Hablando República»:

Ante o tratamento informativo das protestas que están a ter lugar en Ucraína paga a pena explicar, con algo máis de detalle que o proporcionado polos grandes medios de comunicación, algunhas das imaxes que habitualmente chegan dende alí para que o/a lector/a poida analizar estes sucesos dende un punto de vista máis amplo que o simplista «mobilizacións cidadás», facendo fincapé na notable presenza nestas, se non mesmo no liderado, de grupos de extrema dereita.

É interesante, ao observar as impactantes imaxes da praza da Independencia de Kiev repleta de manifestantes, facer un breve repaso das bandeiras que alí se axitan: unha gran cantidade delas teñen relación con grupos de ultradereita. Sirvan de exemplo as bandeiras bermellas e negras que aparecen en gran número nestas manifestacións e que poden observarse en practicamente calquera imaxe difundida por televisión. Pois ben, é preciso aclarar que estas bandeiras non son, nin moito menos, símbolos anarquistas senón que, orixinalmente é o emblema do Exército Insurxente Ucraíno, son agora utilizadas polos grupos nacionalistas ucraínos. Cabe recordar que o Exército Insurxente Ucraíno foi unha guerrilla nacionalista que comezou loitando contra a ocupación alemá durante a II Guerra Mundial e rematou facéndoo contra os partisanos soviéticos e o Exército Vermello ao termo da contenda; esta guerrilla perpetrou, entre outras, o masacre de 80.000 polacos considerado actualmente un acto de xenocidio.
Sigue leyendo Un par de apuntamentos sobre as protestas en Ucraína e o papel nelas da ultradereita.

«O persoal e o político conflúen?»

Colamos este artigo de opinión que recibimos na nosa caixa de correos enviado por unha compa, e que está asinado por «Selvas Insurrectas», onde fan -tomando como guía a palestra «A opresión múltiple: Xénero, raza, clase. Crítica ao racismo nos movementos sociais» impartida no “XI Encuentro del Libro Anarquista de Madrid” por Carla (feminista, negra, lesbiana)- unha acertada crítica a certas defensas ou mostras de actitudes cómplices con agresións machistas, fascistas, especistas, convivenciais, capitalistas, consumistas e autoritarias en xeral nos nosos espazos. Colamos traducido à ìntegra:

Para pensar nesta e outras cuestións achegámonos ao XI Encontro do Libro Anarquista de Madrid, onde Carla desenvolveu o tema «Xénero, Raza e Clase. A Opresión Múltiple». Pareceunos interesante destacar algúns puntos da exposición para non esquecer certos temas que nos afectan a tod@s día a día. Entre outros moitos, comentaba a necesidade de «nomear o que vivimos polo seu nome», que «nunca é analizado en termos de racismo» senón como «unha cuestión persoal, de carácter, de malos entendidos, de bromas fora de lugar, de conflitos entre esta e aquela…» pero «non nomeamos o que é: exclusión racial«. Explicando a enorme problemática e barreiras das mulleres, emigrantes e pobres, engade tamén que a miúdo «o feito de que os nosos espazos sexan racistas e clasistas» dificulta e mesmo «non permite o seu achegamento ao noso contexto» e «de aí a súa ausencia entre nos». «Non é unha crítica gratuíta» a «a política antirracista dos nosos espazos» e engade que «participou nalgúns colectivos antirracistas mixtos», «dos que tiven que irme” e «isto porque facemos política antirracista sen cuestionar o noso privilexio racista«. Unha cousa «é combater o racismo d@s demais, o racismo da Frente Nacional, o partido de extrema dereita, etc. Outra cousa é combater o racismo en si, o racismo interiorizado. Afirmar a necesidade de combater o racismo é recordar que as relacións sociais de raza estruturan o noso xeito de ser, comportarse e pensar. En consecuencia, a loita contra o racismo ten que ver no espazo político e no espazo persoal«.
Sigue leyendo «O persoal e o político conflúen?»

[México]: Nota á entrevista feita a Individualidades tendendo ao salvaxe (I.T.S.)

Colamos traducido de ContraInfo:

Hai unhas semanas foi publicado o libro: “¡Que se ilumine la noche! Génesis, desarrollo y auge de la Tendencia Informal Anarquista”, onde se expón unha entrevista a Individualidades Tendendo ao Salvaxe, pola nosa banda queremos (de novo), recalcar o noso total agradecemento aos que fixeron posible que as nosas palabras fosen difundidas desta forma. Aínda que recentemente, ao ler de novo a entrevista, I.T.S. decidiu facer algunhas modificacións (aínda que moi mínimas) ao texto orixinal que mandamos o 28 de Abril de 2012, e que deseguida expoñemos.

Individualidades Tendendo ao Salvaxe
Chicomóztoc, México
24 de Xaneiro 2014

1.- Cando xorde Individualidades Tendendo ao Salvaxe (I.T.S.), que ideais o motivan como grupo de afinidade e que estratexias decidiron seguir para darlle continuidade a este proxecto antagonista?

A primeira aclaración que I.T.S. quere facer antes de comezar a responder esta entrevista, é que non compartimos moitas ideas das que se plasmarán neste libro, vimos unha posibilidade de poder explicar nun plano máis actual as nosas ideas e iso é o que estamos a facer. Non queremos remarcar militancias con ninguén, as nosas ideas son só as nosas, pero xa que as sacamos á luz pública, é necesario que se comprendan na súa totalidade (ou parte importante desta), aínda que parece ser que hai moita confusión, no que respectan varios temas (incluídas criticas dadas antes nos nosos comunicados) que, ou non son comprensibles para o lector ou non se quere aceptar e/ou asumir.

Aínda que non somos anarquistas, agradecemos a esta editorial ácrata este espazo.

Aclarado isto, comezamos co cuestionario:
Sigue leyendo [México]: Nota á entrevista feita a Individualidades tendendo ao salvaxe (I.T.S.)

[Estados Unidos] Anarquía sen mapas de ruta nin adxectivos

Colamos este artigo de opinión asinado por Aragorn! aparecido en «Anarquía: Un xornal de desexo armado», n.º 63, da primavera-verán de 2007 e que reproduce agora ContraInfo, e que traducimos ao galego:

A maioría das tendencias dentro dos círculos anarquistas teñen unha concepción limitada sobre o que fai exactamente a un/unha anarquista, que é un proxecto anarquista e como sería a transformación a un mundo anarquista. Xa sexa verdes ou vermellxs, comunistas ou individualistas, activistas ou críticos, xs anarquistas pasan tanto tempo defendendo as súas posicións especulativas nestes complicados asuntos, como o que pasan aprendendo o que outrxs teñen que ofrecer -sobre todo, outrxs anarquistas.

Ao final, moitxs danse conta de que preferirían facer os seus proxectos, políticos e sociais, fóra dos círculos anarquistas. Xa sexa porque pensan que o seu proxecto particular non é interesante para outrxs anarquistas aínda que, cren que é importante (como na maioría dos casos de activismo progresista) ou porque non gozan especialmente da compañía doutrxs anarquistas e o tipo de tensión que supón traballar con anarquistas. Ambas as dúas razóns son case totalmente responsables da profunda desconfianza que xs anarquistas senten por outros programas anarquistas.
Sigue leyendo [Estados Unidos] Anarquía sen mapas de ruta nin adxectivos

Declaraçom de Xabi Omaña desmintindo a sua vinculaçom com o anarquismo a La Directa.

Por um comentário anónimo na notícia publicada em Abordaxe com o cabeçalho: «Anarquistas??. Ao respeito da suposta vinculaçom anarquista dxs detidxs na última operaçom jurídico-policial» vimos de saber que Xabi Omaña, o detido em Lugo, fijo declaraçons em 27 de janeiro (só 2 dias despois de publicar-se a entrada antedita em Abordaxe) a «La Directa» (meio de comunicaçom em catalám de actualidade, investigaçom, debate e análise que quere ejercer a funçom social de denunciar os abusos e as injustiças e potenciar as alternativas) dando a sua verssom sobre a detençom, e que colamos (umha vez traduzido):

«Quando se dera o ataque contra a sede do Círculo de Empresários de Galicia eu estava em Canárias, o que podo demonstrar». O acusado denúncia que permaneceu 72 horas incomunicado e que sofrera privaçom de sonho. «As luzes permaneciam acessas dia e noite e, regularmente, acordavam-me com comentários como ‘Ay, gallego, que te comerás un buen marrón'», assegura.

O detido incluso desminte a sua vinculaçom com o movimento anarquista e declara que nem sequer conhece ao terceiro arrestado (suponhemos que em referencia ao asturiano detido em Ciudad Real).

Vida social coarctada e ameaças anteriores
Sigue leyendo Declaraçom de Xabi Omaña desmintindo a sua vinculaçom com o anarquismo a La Directa.

Nota de Prensa de «Que Voltem para Casa!» ante a situación de María Osório

Recebemos de «QueVoltem«, esta nota de prensa das familiares e amizades de María reclamando que cumpra a súa condena nunha prisión galega, dado que: Se o recurso presentado ante o Tribunal Supremo faia contra María, case con toda seguridade será internada nunha prisión a centos de kilometros do seu fogar e da sáu familia o que afondará no seu desarraigo e separación da súa realidade cultural e socio-afectiva. Na Galiza existen cinco centros penitenciarios polo que non entenderíamos que María fose dispersada a unha prisión a centos de kilómetros. Calquera decisión nese sentido será un acto cruel, de vinganza e castigo adicional contra María e a súa familia, contrario aos dereitos humanos.

En setembro de 2013 a audiencia nacional condenou a María Osorio Lópes a dez anos de prisión. No seu momento, os avogados de María interpuxeron un recurso ante o Tribunal Supremo que debe ser resolto nas próximas semanas. No suposto de que o Tribunal Supremo non teña en conta este recurso, María Osorio deberá ingresar en prisión de maneira inmediata.

A dispersión é ilegal
Sigue leyendo Nota de Prensa de «Que Voltem para Casa!» ante a situación de María Osório

Alguén tiña que facer estas preguntas !!.

Contaramos días atrás aquí en Abordaxe, medio de brincadeira, medio de sopetón, a noticia de que o ministro do Interior confía no brazo incorrupto de santa Teresa para sair da crise. Agora vimos de saber por EuropaPress que Amaiur tomou a iniciativa de facer unha serie de preguntas ao goberno Rajoy no congreso para que explique como é que intercede santa Teresa de Jesús por España e a crise, e se a virxe do Rocío axuda neste mesmo propósito (Fátima Báñez, ministra do desemprego, atribuiulle o ano pasado a esta virxe o «regalo» da saída da crise) e alén quere saber se é que existen «máis intercesións divinas e sobrenaturais» na actual situación do Estado.

Do mesmo xeito, preguntan si se ten notado «melloras» no ministerio de Interior tras condecorar en 2012 á Virxe do Pilar e se, en termos xerais, o goberno considera que con este tipo de actuacións respeita a aconfesionalidade do Estado ou se prevé impulsar que España se converta nun Estado confesional.
Sigue leyendo Alguén tiña que facer estas preguntas !!.

[Italia]: Operación Ousadía – A fiscalía retira a acusación de Asociación Subversiva con Fins Terroristas na audiencia preliminar

Colamos (traducido) de ContraInfo (en castelán) esta información tirada de Informa-Azione (en italiano) sobre a audiencia preliminar que xulgará a chamada Operación Ousadía (Ardira) da que falamos extensamente en Abordaxe dende o 13 de xuño de 2012, cando foran arrestadas 8 persoas na Italia: Stefano Gabriele Fosco e Elisa Di Bernardo de Pisa e membros do blogue anarquista Culmine, Sergio Maria Stefani (o único que permanece aínda en prisión) e Katia Di Stefano de Roma, Giuseppe Lo Turco de Genova, Alessandro Settepani e Paola Francesca Iozzi de Perugia e Giulia Marziale de Terni; ademais nesta «Operación» a fiscal do caso, Manuela Comodi, de Perugia, pretendia implicar na mesma a Gabriel Pombo (na altura, encirrado en Alemania) e Marco Cavenish (encirrado en Suiza) como «ideólogos». Tempo despois, ficaría a acusación só contra Stefano Gabriele, Elisa Di Bernardo e Sergio Maria Stefani.

O venres, 17 de xaneiro, levouse a cabo a audiencia preliminar da operación Ousadía [Ardire]. Contra todas as expectativas, a fiscal Comodi pediu o «non ten lugar a proceder» para a acusación do 270bis («asociación subversiva con fins terroristas»). O xuíz aceptou a solicitude e quedou só o cargo de imputación polo delito específico (danos) para tres dxs acusadxs.

Máis alá do obvio suspiro de alivio de todxs ante a idea de terse quitado de enriba longos anos de xuízo con todo o que iso implicaría, aínda que ao día seguinte continuaba -despois dos festexos da noite- tanta amargura, rabia e un profundo sentimento de frustración ao ver como as vidas das persoas podense distorsionar, manipular, encerrar e botar como penso á mesquindade dos que viven á conta dxs demais sen pagar nunca, sen ter que enfrontarse á responsabilidade das súas accións.
Sigue leyendo [Italia]: Operación Ousadía – A fiscalía retira a acusación de Asociación Subversiva con Fins Terroristas na audiencia preliminar

[Burgos] Aparece MORTA unha Persoa Presa no Cárcere

Recollemos esta información de Salhaketa

Segundo fontes da súa propia familia, unha persoa presa, varón, veciño de Bizkaia, apareceu o pasado día 12 de xaneiro de 2014 aforcado na prisión de Burgos na súa cela. Trátase de J.G.R., de 25 anos de idade, que pronto ía cumprir o tempo da condena pola que se encontraba recluído en prisión.

Este feito lutuoso, non notificado por Institucións Penitenciarias, representa unha nova crónica de mortes anunciadas nos cárceres tal e como viñemos denunciando.

Queremos denunciar a sistemática política de ocultamento destas mortes das que non se facilita ningún tipo de información pública, como parte da estratexia de impunidade ante as mortes non naturais que está a acabar coa vida destes mozos no seo de institucións públicas coas que manteñen unha relación de suxeición especial e cuxo dereito á saúde e á vida depende única e exclusivamente destas. Que está a pasar? Por que se ocultan estas mortes? Por que non se esixen responsabilidades ou polo menos se investigan? Acontecería o mesmo se as vítimas fosen outras? Pódense tolerar impunemente estas mortes no seo dunha institución do estado como é o sistema penitenciario?
Sigue leyendo [Burgos] Aparece MORTA unha Persoa Presa no Cárcere

«Se tocan a unhas…» – Solidariedade con Mónica e Francisco

Colamos (e traducimos) este texto colado este venres pasado, 24 de xaneiro, en IndymediaBarcelona asinado por «anarquistas»:

Pasaron xa 2 meses dende que Mónica e Francisco, xunto a outras 3 compas, foron detidas, illadas e as 2 primeiras encerradas posteriormente baixo o duro réxime FIES e as outras en liberdade provisional (con firma semanal) en espera de xuízo baixo os mesmos cargos.

Moitas compañeiras de diferentes partes comentáronnos do aparente aura de «secretismo» que se percibe en todo o relacionado coa situación das compas e co caso en si, e que logo do bombo mediático con todo o referente ás detencións habería que terse pronunciado. O certo é que, como xa sabemos, contra a propaganda do réxime e os seus ideólogos, é dicir, contra a prensa, pouca cousa pódese facer a xeito de contrapeso; pódella evidenciar, ver como van tecendo as súas redes, e como cóbado a cóbado co Estado van facendo un oco a encher co seguinte inimigo interno: islamitas, independentistas galegos, animalistas acusados de abrir máis gaiolas da conta, anarquistas… Estes -os que non queiran pasar pola ortodoxia do clero que di representalos ou que marca o xeito correcto (é dicir democrática, legal, etcétera)- serán os que enchan o baleiro deixado por ETA, baleiro non só como inimigo interno que alimenta todo un arsenal burocrático, represivo e xudicial, o chamado antiterrorismo (unha institución en si mesma que se nega a desaparecer e polo tanto ha de demostrar a súa necesaria existencia e eficacia), un baleiro que tamén se notaría nas celas por encher e nas páxinas de prensa, que deixaría espazo a outras preocupacións na cabeza dos lectores; pouco importan os desafiuzamentos, que millóns de persoas non teñan forma de buscarse a vida -nin sequera nas canles da escravitude laboral-, que os políticos se enchan as arcas e rían na nosa cara. Hai fantasmas moi perigosos, dinnos, aos cales realmente temer: os inmigrantes, os terroristas, etcétera.
Sigue leyendo «Se tocan a unhas…» – Solidariedade con Mónica e Francisco