[Compostela] Martes 4 as 21:00′.- «La VOZ de Gamonal, De quien es la calle» 1º pase do Ciclo «Luitas Veciñais» no Cinema-Forum Anarquista «A Ghavilla»

Neste mes de febreiro daremos continuidade ao noso Cinema-Forum Anarquista con un ciclo de documentais realizados baixo o prisma de diferentes loitas veciñais de onte para focalizarlas no hoxe e no mañán. A nosa intención é proxectar varios videos que nos falen de como foran esas loitas e que se acadou ou perdeu nelas. Co gallo de tal ciclo temos previsto pasar durante este mes documentais sobre a loita de As Encrobas (no vindeiro martes 11, onde contaremos con a presencia dos seu realizador Xosé Bocixa), outras loitas na Galiza con o documental de Carlos Varela «Na Defensa da Terra», e de fóra da nosa terra como os docus «A Tornallón» contra a especulación en Valencia, “La Cañada Otra Mirada” sobre La Cañada Real ou «Kukutza III» sobre a famosa okupa de Bilbo.

Para comenzar escollimos «La Voz del Gamonal, De quien es la calle?» un documental de 1 hora que narra a oposición da veciñanza de Gamonal contra a construcción dun parking na avenida Eladio Perlado en agosto de 2005. Como unha boa maneira de dar a coñecer a xénese dos conflictos que viviu o Gamonal ao longo da súa historia. A luita contra aquel parking que quería construir o alcalde de Burgos hai case xa unha década garda muita relación con a actual loita no Gamonal.

Aquí podedes ler unha reseña do documental:
Sigue leyendo [Compostela] Martes 4 as 21:00′.- «La VOZ de Gamonal, De quien es la calle» 1º pase do Ciclo «Luitas Veciñais» no Cinema-Forum Anarquista «A Ghavilla»

Á ABORDAXE !! Xá está na rúa o nº 4 da nosa Revista Anarquista en papel !!!

Despois de un longo proceso de redacción, recopilación, tradución, montaxen, impresión e encuadernación, todo feito na casa e con a colaboración especial das compas da imprenta alternativa Irrintxi de Vitoria-Gasteiz, temos xá na rúa o novo número da nosa revista en papel, o nº 4, con un amplo contido de temáticas anarquistas e colabouracións especiais e «inéditas» ata hoxe, en 68 páxinas para ler con a calma ou con ávidez (ao gosto de cada quen) e por só 2 €.
Queremos aproveitar para agradecer a todas as persoas que colabouraron para que esta Revista sexa unha realidade. En breve publicaremos unha listaxe con os lugares de venda e distribución (se estades interesadas en distribuila poñervos en contacto con nós) e con as localidades onde imos presentala. Tambén estamos a traballar nun novo blogue (abandonamos google para irnos a wordpress) que será inaugurado con a publicación en pdf deste nº 4 para a súa leitura e descarga gratuíta.
Colamos o índice temático (por orden de paxinación):
A Modo de Editorial
Breve Historia da Piratería (artigo de C. Rivas para Aobordaxe!)
Isto non é o casco vello de Donosti (artigo sobre a okupación da Sala Iago de Compostela)
«O Occidental Abominable» (Auto-entrevista de Pedro García Olivo sobre as suas actuais liñas de investigación, feita en especial para este nº de Abordaxe)
«Lumes e lumes» (artigo sobre a criminalización social do lume)
«Son un Labrego» (Poema criativo)
«Big Brother Porto Ano 29 da era Orwell» (panfleto atopado nas rúas de Porto)
«O Laboratotio Helénico» (unha visión sobre o mundo libertario grego)
«Luita e Represión nos Cárceres» (artigo sobre a Historia da Campaña Cárcere=Tortura dos anos 2011 ao 2013 polo Grupo de Apoio de Galiza Sur)
«Proclama da Okupación»
«Foronse as Árbores» (Poema anónimo)
«Breve Exposición da Noción de Territorio e a súas Implicacións» (artigo de Miquel Amorós en especial para este nº de Abordaxe)
«Amancio Ortega, um ejemplo a seguir por todas?»
– Sobre a violencia (dous diferentes reflexións sobre o seu uso): «Estou Farto de Chachachá» e «Condenamos as vosas Condenas de Violencia»
«Miedo y Asco en el Chiringuito» (artigo sobre as drogas nos 80 e agora)
«Conversa con Alfredo M. Bonanno»(transcripción das conferencias impartidas no estado español en 2012 feita con a colabouración e consentimento do mesmo, para este nº)

anarquistas, cultura, galiza, reflexion
31/01/14 10:49

[A Corunha] Nota de prensa Stop Desafiuzamentos: Hoxe venres 31 xaneiro.- Apropiámonos dos caixeiros e Concentración familias afectadas polo Parque Ofimático

Colamos esta convocatoria para hoxe de Stop Desafiuzamentos, recebeda hai unhas horas na nosa caixa de correos:

VENRES 31 de XANEIRO:

[10.30hrs.] Apropiámonos dos caixeiros que nos desafiúzan.

[14.00hrs.] Concentración das familias en risco de desafiuzamento polo P. Ofimático.

A partir das 10.30hrs. de hoxe, venres 31 de xaneiro, e con saída dende a praza de Ourense, levaremos adiante a performance reivindicativa “Apropiámonos dos caixeiros que nos desafiúzan”, enmarcada dentro das accións impulsadas pola Asamblea de Afectadas pola Vivenda e a Hipoteca, cuxa terceira reunión tivo lugar o pasado 11 de xaneiro.
Sigue leyendo [A Corunha] Nota de prensa Stop Desafiuzamentos: Hoxe venres 31 xaneiro.- Apropiámonos dos caixeiros e Concentración familias afectadas polo Parque Ofimático

Mapa das aldeas deshabitadas de Galicia

Colamos da web Calidonia Hibernia esta interesante investigación de Carlos Neira Cortizas sobre as aldeas deshabitadas con un mapa no que (visitando a súa web) podedes atopar información ampliada sobre cada un dos pontos sinalados. Ademais Carlos fai unha valoración do traballo, deixando claro que os dados provén dun rexistro administrativo e pode non corresponder exactamente coa realidade. Mais, para mellor información colamos o texto que acompaña ao mapa:

Queres saber onde están as aldeas deshabitadas do noso País? E aquelas que corren risco de estalo no futuro inmediato? Estes son os máis de 3.000 lugares despoboados ou en risco de estalo de xeito inminente. Case un 10% das entidades singulares de poboación de Galicia.
Sigue leyendo Mapa das aldeas deshabitadas de Galicia

Nota de Prensa de «Que Voltem para Casa!» ante a situación de María Osório

Recebemos de «QueVoltem«, esta nota de prensa das familiares e amizades de María reclamando que cumpra a súa condena nunha prisión galega, dado que: Se o recurso presentado ante o Tribunal Supremo faia contra María, case con toda seguridade será internada nunha prisión a centos de kilometros do seu fogar e da sáu familia o que afondará no seu desarraigo e separación da súa realidade cultural e socio-afectiva. Na Galiza existen cinco centros penitenciarios polo que non entenderíamos que María fose dispersada a unha prisión a centos de kilómetros. Calquera decisión nese sentido será un acto cruel, de vinganza e castigo adicional contra María e a súa familia, contrario aos dereitos humanos.

En setembro de 2013 a audiencia nacional condenou a María Osorio Lópes a dez anos de prisión. No seu momento, os avogados de María interpuxeron un recurso ante o Tribunal Supremo que debe ser resolto nas próximas semanas. No suposto de que o Tribunal Supremo non teña en conta este recurso, María Osorio deberá ingresar en prisión de maneira inmediata.

A dispersión é ilegal
Sigue leyendo Nota de Prensa de «Que Voltem para Casa!» ante a situación de María Osório

[Compostela] Martes 28 Xaneiro as 21:00′ .- «La Cecilia» no Cinema-Forum Anarquista «A Ghavilla»

Colamos a segunite información facilitada pola «Ghavilla»

A raiz dunha entrada no site de DiárioLiberdade que recolle esta valoración do filme «La Cecilia» do blogue brasileiro Naúfrago da Utopia que titula: «O Blogue Orgulhosamente Apresenta um Filme sobre a Colônia Cecília» do que colamos un extracto para animar a acodir este vindeiro martes as 21:00′ á Ghavilla para visionalo en pantalla grande con son amplificado e boa compañía, e se xurde, posterior debate.

Mais antes decir que este Cinema-Forum seguirá no mes de febreiro, onde imos proxectar varios documentais ao respeito das luitas veciñais, para o que xa temos contactado con Xosé Bocixa para que estexa con nós en 11 de febreiro no que visionaremos o seu documental «As Encrobas. A ceo aberto» realizado en 2007 sobre a desaparición física da parroquia de Encrobas, devorada pola mina de lignito que Unión Fenosa explota desde o ano 77 e na que Bocixa revive 30 anos despois o que se diu en chamar «A Revolta das Encrobas», mais disto xa falaremos, pero ide tomando nota.

Colamos pois a crítica de «La Cecilia»:

O filme La Cecilia (d. Jean-Louis Comolli, 1975) resgata um episódio histórico pouco conhecido entre nós, embora aqui transcorrido (no Brasil, NdeAG): a implantação de uma colônia rural no Paraná, por parte de anarquistas italianos.

O experimento durou cerca de quatro anos, entre 1890 e 1893. Houve muito entusiasmo no início, mas depois foram aflorando os problemas que acabariam levando à extinção da colônia.
Sigue leyendo [Compostela] Martes 28 Xaneiro as 21:00′ .- «La Cecilia» no Cinema-Forum Anarquista «A Ghavilla»

[Clásicos Populares] BITXOBOLA

Este fenicio é sen dúbida un referente da canción de autor libertaria, un deses cantautores que non fan música para durmir e soñar coa «Gran Revolución». Bitxobola fai música para espertar, cancións ou canturriadas con actitude punk que alimentan o espírito dxs guerreirxs. Moitas circunstancias e vivencias coa súa música cómo banda sonora, e tamén duros golpes e algunha satisfacción.
Lágrimas, risas, apertas, pogos e palmeos inundan o ambiente nos seus concertos, a manada ouvéa…

Bitxobola ten poucas referencias grabadas. En Abordaxe Revista temos coñecemento de que moitísimxs siareirxs estarían encantadxs de poder desfrutar dun disco seu. Así que nesta sección queremos obsequiar aos letores cunha gran primicia, trátase da canción «Compañero, compañera», realizada un pouco como conta pendente co compañeiro Xosé Tarrío, e adicada a todxs xs presxs en loita.
Sigue leyendo [Clásicos Populares] BITXOBOLA

Entrevista de ContraInfo a Claudio Lavazza, anarquista preso no CP Teixeiro

O noso compa Claudio Lavazza se encontra encerrado dende 1996 nas celas da democracia española. A entrevista presentouse no evento en solidariedade con anarquistas presxs de longa condena que se levou a cabo o 11 de xaneiro de 2014 no CSO La Gatonera, Madrid.

CINa busca da liberdade plena, optaches por atacar o mundo do Poder con todos os medios posibles. Cales foron os principais motivos que te empurraron a seguir este camiño de rebeldía armada?

CL – Os motivos polos cales emprendín o camiño da rebeldía foron un conxunto de circunstancias que van dende o intento de golpe de estado en Italia, utilizando a estratexia da tensión (ataques terroristas con explosivos en lugares públicos) por parte da extrema dereita e coa axuda dos servizos secretos, aos ataques dos partidos políticos do arco constitucional coa Democracia Cristiá particularmente activa en sinalar como responsables dos graves atentados á esquerda revolucionaria e aos anarquistas; ata a inxustiza e o maltrato á clase obreira perpetrados polas autoridades: as mesmas que aplaudiron o goberno fascista de Benito Mussolini e a entrada na segunda guerra mundial de Italia ao lado dos nazis alemáns.

CINo teu libro «Autobiografía dun irredutible», contas como en 1981 participaches no asalto ao cárcere de Frosinone (na rexión de Lacio, Italia), co fin de liberar un compa que se encontraba encarcerado nese talego. Hoxe, máis de 30 anos despois, contadas son as ocasións en que a solidariedade de facto con xs presxs da guerra social chega a este punto. Como se pode focalizar de novo a perspectiva da liberación inmediata dxs nosxs irmanxs?

CL – Focalizar a perspectiva da liberación inmediata dos/as nosos/as irmáns/ás presos/ás hoxe en día, igual que onte é un obxectivo fundamental nesta guerra social… pero aquí, mentres o sistema progresou en infraestruturas e medios de represión, nós quedamos na prehistoria, sen avanzar en preparación militar e tecnolóxica para facer fronte aos impoñentes macrocárceres. Estas construcións illadas de vilas e cidades son case imposibles de atacar ao igual que o fixemos en 1981 en Italia, liberando dous presos. Certo é que os tempos cambiaron. Cando se fala de ataques ao sistema, aínda que non guste utilizar palabras como preparación militar e tecnolóxica, é evidente que de guerra e enfrontamento se fala e para obter éxitos é necesario estar á altura dos tempos que o avance tecnolóxico do sistema represivo impón. Non digo que sexa imposible atacar estruturas como os macrocárceres, pero tal como estamos é un sono irrealizable, liberar presos e presas alí metidos.

CINa túa longa traxectoria de loita polimorfa, supoñemos que te involucraches en varios tipos de organización do contraataque ao establecido. Cales son as experiencias que sacaches en canto ao tema da verdadeira autoorganización do combate, sen dirixentes nin dirigidxs?

CL – As miñas experiencias na autoorganización do combate, sen dirixentes nin dirixidos/as, maduraron pouco a pouco en 16 anos de clandestinidade. Ninguén nace mestre/a e todos temos que aprender dos/as demais, dos/as que teñen máis preparación e experiencia; entre anarquistas temos uns principios sinxelos que nos permiten avanzar rapidamente na autoorganización do combate: Unha vez formado o grupo, hai tarefas que cada quen ten que respectar… por exemplo se eu son un experto en tácticas de ataques, os/as demais terán que escoitarme, sen que vexan no meu un dirixente e sen que eles/as se sintan dirixidos/as, evidentemente todos/ás teñen que dicir cousas no asunto, pero se esas palabras son o froito da incapacidade e da falta de experiencia terán que escoitarme a min, para o bo éxito da operación. Ao igual terei eu que escoitar o/a experto/a en calquera outra tarefa, se demostra máis capacidade ca min. Ou sexa son mestre segundo as circunstancias dun momento dado, e son alumno cando alguén máis preparado/ ca min toma a responsabilidade do grupo. É así, segundo as miñas experiencias, como se crea a autoorganización.

CIÉ a anarquía unha vía ilegalista per se? e, se é así, como poden confluír as individualidades insurrectas en ríos que afoguen as leis e normas que nos atan á miseria?

CL – A anarquía é pola súa natureza ilegalista, porque trata de existir á marxe da legalidade imposta polo sistema. Nós anarquistas temos as nosas leis e formas de ser, que son sempre condenadas polas leis e formas de ser dos Estados. Ese simple feito de non aceptar as regras impostas polo traballo asalariado, buscándose a vida roubando o diñeiro aos ricos, é considerado ilegal polo sistema, pero para nós é xusto e obrigatorio, e polo tanto legal dende o noso punto de vista. De igual xeito calquera actitude que non participe no mantemento do poder capitalista se pode considerar como ese rio de rebeldía ao que facedes referencia e que afogará as leis e normas que nos atan á miseria.

CISe a cita revolucionaria é cada día, xorde a necesidade da acción directa tanto pola destrución de todo o que nos oprime, como pola creación dun novo mundo. Como casan estas dúas tarefas subversivas sen caer nin na militancia seca e alienante, nin no reformismo derrotista?

CL – A creación dun novo mundo e a necesidade do traballo revolucionario de cada día cumprindo coas tarefas subversivas, non pode caer nin na militarización seca e alienante nin no reformismo derrotista. Hai que ter coidado con este asunto para non correr o risco de caer no cansazo e que este propicie o abandono dos/as compañeiros/as. É aquí onde a nosa creatividade se manifesta coa achega de novos estímulos e ideas, a revolución e o camiño cara a ela non poden caer en alienacións… hai que darse un respiro de cando en vez se non caemos na rutina. Os tempos e pautas das nosas accións perténcennos, nin o poder nin a tristura social están por enriba das nosas necesidades como persoas libres.

CIEn 1996, caes preso na vila de Siete Puertas, tras a falida fuxida despois da expropiación da oficina central do Banco Santander de Córdoba. Cales foron as reaccións dos círculos anarquistas (entre e sen comiñas) entón, tanto no Estado español, coma fóra del?

CL – A vila onde caín preso chámase Bujalance, Sietepuertas é o nome da cafetaría onde me pillaron os gardas civís, esa cafetaría xa non existe, unha entidade bancaria tomou o seu lugar. As reaccións dos círculos anarquistas do estado español foron de críticas duras algúns, e outros/as a favor da expropiación do banco Santander de Córdoba (un dos máis ricos da cidade). Dende fóra do estado español recibimos un apoio solidario conmovedor dende Italia. Recordo que cando estaba en illamento no cárcere de Córdoba, ferido e mallado, me chegou un telegrama do meu país que me fixo chorar pola calor e compañeirismo que desprendía. Logo co tempo tamén chegaron cartas e postais dende España e outros países da comunidade europea e internacional, moitas mensaxes coa mesma intensidade e cariño

CITi levaches á práctica a ofensiva máis alá das fronteiras dos Estados, burlando durante anos as autoridades de varios países. Como ves a loita antipatriótica e internacionalista dxs anarquistas arredor do mundo no momento actual?

CL – As loitas antipatrióticas e internacionalistas dxs anarquistas arredor do mundo, véxoas presentes e constantes, recibindo a cambio duras reaccións policiais e dos tribunais que lle teñen un medo atroz. Vós que estades fóra tedes máis datos que testifican a intensidade destas loitas. O que me gustaría ver, antes de desaparecer, é algún que outro triunfo. Iso sería para min e todos vós o regalo máis bonito que podemos ter… Ojala sexa pronto.

CIEncontrándote nos alxubes da democracia española, levaches a cabo duras loitas por romper o illamento e a abolición do réxime especial FIES. Como avalías estes momentos a día de hoxe?

CL – Levei a cabo duras loitas estando nos alxubes da democracia española, contra a abolición do réxime FIES e o illamento, a abolición das longas condenas e as condenas perpetuas encubertas. Agora estou na loita pola abolición das torturas e malos tratos nos cárceres empezada en outubro do 2011, con accións comúns realizando folgas de fame simbólicas o primeiro día de cada mes e conseguindo así unha rede de apoios de avogados solidarios para asistir xuridicamente aos compañeiros en loita, fronte ás represalias do sistema penitenciario. Non avalio eses momentos de loita como un pasado… senón como algo presente, quizais con menos intensidade e participación da comunidade de presos que antes. Estar preso significa para min estar nunha loita permanente. Estar preso significa estar en loita, o cárcere non é un lugar onde un se poida relaxar e esquecer da realidade que o rodea.

CIO teu caso é o dun dxs anarquistas condenadxs a penas de longa duración arredor do mundo. Despois de tantos anos de encerro, houbo cambios no ámbito da sociedade carceraria e a súa poboación?

CL – Os cambios que houbo no ámbito da sociedade carceraria e a súa poboación, son moitos dende que entrei por primeira vez en 1980. A súa poboación cambiou coa entrada das drogas legais, subministradas a diario por parte da administración como metadona e psicofármacos. Conseguiron illar unha boa parte da poboación reclusa, volvéndoa individualista. Xa non existe esa solidariedade combativa que había antes, onde tocaban a un e se rebelaban todos. Hoxe en día e dende fai xa moitos anos, hai un control sobre os presos non só físico, senón mental, que lle impide encontrar un camiño adaptado á súa personalidade, as drogas tomadas a diario quitan o mellor dun mesmo, deixándolle só a preocupación de seguir tomándoas… o demais é secundario e de menor importancia… esta é a súa miserable loita e intentar convencelos pola contra na maioría dos casos é unha perda de tempo e enerxías. Quen se droga é escravo do sistema por dúas veces, unha por estar preso e outra por ser un adicto. Por sorte, nos cárceres existe tamén unha parte… pequena… de poboación reclusa que non entra neste colectiva e é con ela que se pode loitar para conseguir cambios aquí dentro.

CISeguindo co tema da longa condena, como influenciou a túa longa estanza en cativerio á solidariedade expresada cara á túa persoa, pero tamén as túas relacións de amizade e persoais?

CL – A solidariedade expresada dende fóra sempre foi e segue sendo un orgullo para min, sobre todo agora que saíu publicada a miña autobiografía.

CICal é o actual estado dos procedementos xurídicos na tua contra e cales son as perspectivas para o futuro próximo e o máis afastado?

CL – Actualmente a miña situación xurídica segue sendo complicada, levo 17 anos encerrado e a miña condena en España é de 25 anos. Unha vez rematada, espérame a condena en Italia de 27 anos e 6 meses, e outra en Francia de 30 anos (cun xuízo aínda por celebrar e que cun pouco de sorte pode quedarse en 15 anos). O meu obxectivo é conseguir unha refundición das condenas pendentes nun total de 30 anos, pero vai ser moi difícil que algún tribunal mo recoñeza. Non existe na actualidade ningún artigo da lexislación penitenciaria onde diga que con 30 anos ininterrompidos de cárcere me teñan que poñer en liberdade. Todo haberá que loitalo ata chegar ao Tribunal de Dereitos Humanos para que me recoñezan unha limitación, senón o meu vai ser unha cadea perpetua.

CIQue mensaxe che gustaría transmitir a xs que loitan día e noite, dentro e fóra dos muros?

CL – A quen loitan día e noite, dentro e fóra dos muros transmitiríalle esta mensaxe… mantervos fortes e libres por que o mellor xeito de loitar contra o sistema e os cárceres é non entrar nunca.

Un forte abrazo para todxs.
Claudio.

Para escribirlle:

Claudio Lavazza
C.P. Teixeiro (módulo 11)
Estrada Paradela s/n
15310 Teixeiro-Curtis (A Coruña)

A Igreja de Muxia arde fulminada por um raio no dia do natal cristiá. Foi umha sinal divina?

 

Oportuno é agora recordar que a única igreja que ilumina é a que arde.

Segundo informaçons dum falsimedio o bispado de Compostela (proprietária do edíficio) incumprira um acordo com o governo no que se comprometera em gastar 60.000 euros para renovar o sistema eléctrico do mosteiro agora queimado. Desconhecemos, na altura, se o trabalho de renovaçom figura entre as tarefas asignadas ao electricista da Catedral (quem se figera famoso por «roubar» o Códice Calixtino).

Além num artículo de DiarioLiberdade dam voz a um representante dos e das trabalhadores do Parque de Bombeiros de Cee que fala ao respeito da intervençom no incêndio dos serviços de bombeiros e que qualifica de catastrófico, de falha de medios por umha política de avaratamento de costes e dum grande caos e total descoordinaçom. Destacando que quando chegaram ao lugar do incidente atoparam-se com que Protecçom Civil de Muxía já se atopava trabalhando tentando sufocar o lume que já se desenrolava com grande virulência, pero que fora avivado pola inexperiência destes, quem abriram a totalidade das portas (algumha incluso fora curtada com motoserra) o que motivara um efecto tiro que osixenava a combustom facilitando a queima. Com tudo isto há quem se pergunta se estám certos de que o seu Deus nom queria que se queimara a igreja?

Sigue leyendo A Igreja de Muxia arde fulminada por um raio no dia do natal cristiá. Foi umha sinal divina?

Anónimos “felicitan” o Nadal á familia Cela Seoane

Colamos do blogue do Comité de Solidariedade cos presos e presas politicas:

Josefa Seoane Vaz, activista do noso COMITÉ DE SOLIDARIEDADE e nai dos irmáns Cela Seoane (os tres presos ou ex-presos políticos), ven de recibir un “anónimo” no que alguén lle desexa e ela e os seus fillos toda clase de males. A misiva -selada en Barcelona- non tería maior importancia se non fora por que veu precedida dunha intensa campaña de intoxicación mediática promovida por Europa Press, El País e outros contra a familia Cela Seoane. Como se lembrará, estes voceiros do Réxime e da propia policía política situaban a Pepita como “matriarca e importante ideóloga dos GRAPO” e aos irmáns Cela como “perigosos terroristas”. Tamén se citaba ao Bar Faluya (onde agora se recibiu o anónimo en cuestión) póndoo no centro de todo o contubernio roxo-separatista.-
Publicado por Contacto:

Sentenza xudicial pedindo o desaloxo do C.S.O. Palavea (A Coruña)

Difundimos aquí o comunicado do Centro Social Okupado de Palavea en referencia a sentenza xudicial que fixa no día 20 de xaneiro a data límite para abandonar o inmoble:

Dende a asamblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos continuar informando da delicada situación xurídica na que nos atopamos e das últimas novas con respecto ao noso futuro desaloxo. Para iso, facemos público o seguinte comunicado:

Dende a compra do edificio que xestionamos por parte do capital privado para convertilo nun asilo de anciáns (lucrativo negocio para uso e desfrute das élites económicas), a agresiva campaña xurídica despregada polos novos donos acelerou de maneira desmesurada o proceso xudicial: a maiores do proceso penal ao que xa nos enfrontábamos, abriron un novo proceso civil que, a velocidade vertixinosa, acadou xa unha sentenza instando ao noso desaloxo.

Nun proceso enchido de irregularidades, dúas persoas identificadas na okupa fai máis de dous anos e medio están demandadas xunto co “Centro Social Okupado e os seus descoñecidos Okupantes” pola okupación do inmoble. Pese a que Sigue leyendo Sentenza xudicial pedindo o desaloxo do C.S.O. Palavea (A Coruña)