A Esencia Violenta do Estado español x Andoni Baserrigorri

Colamos este artigo de colabouración para Borroka Garaia da! escrito por Andoni Baserrigorri, polo interés que ten canto di:

Dicía o outro día un compañeiro madrileño que dende que goberna o PP, as cotas de violencia alcanzadas polo estado na represión das manifestacións e movementos sociais era descoñecida nos últimos anos. Nada máis lonxe da realidade.

O carácter e a esencia do estado español é a violencia. O actual estado é de sobra coñecido é herdeiro directo da ditadura do xeneral Franco, que tampouco fai falta recordar, os niveis de violencia que alcanza tanto para impoñerse coma para manterse.

A lectura do libro de Grimaldos sobre a chamada transición deixa ben ás claras, que o estado non renunciou á súa esencia violenta para lograr que a base ideolóxica do franquismo ( unidade da chamada por eles nación española a toda costa e anticomunismo radical baseado no nacional-catolicismo integrista) se mantivese intacta e non houbese posibilidade ningunha de lograr nin a autodeterminación das nacións oprimidas polo estado, nin se tocase o poder económico da gran burguesía.

O cambio de cara do réxime logrouse sobre a base de dous eixes. Por unha parte o amansamento da esquerda revolucionaria, que entrou polo aro e por outra parte a utilización sistemática da violencia tanto en manifestacións, coma na represión daqueles movementos e partidos que «non entraron polo aro». Asasinatos como o dos cinco avogados de Atocha, Yolanda González, os cinco obreiros de Gasteiz e tantos e tantos asasinados polos guerrilleiros de Cristo Rey e outros grupos para-policiais, así como de tantas persoas que morreron a man das FOP naqueles anos e que como comentamos relata Grimaldos no seu excelente libro, dan fe da utilización da violencia por parte do estado como ferramenta política, así o demostran.

Si que é certo que durante unha serie longa de anos, que poderiamos situar como inicio a primeira lexislatura do PSOE ata hai dous anos, o nivel de violencia do estado baixou considerablemente nas rúas do estado español, se exceptuamos basicamente Hego Euskal Herria. Pero o estado español non abandonara a súa vocación violenta.

Descendeu a violencia do estado do mesmo xeito que a esquerda revolucionaria estatal practicamente despareceu e como esquerda tan só quedo un PSOE centrado en enriquecerse e facer xenuflexións ao imperialismo que lle financiou e ergueu ao poder e un PCE-IU que abandonou calquera fantasía revolucionaria e tan só buscaba unha parte do pastel, tratando de gobernar nalgunha autonomía ou concello.

Loxicamente se non hai esquerda revolucionaria que reprimir, non hai porque sacar a flote medidas represivas nin excesiva violencia. Unha labazada de cando en vez a algún esquerdista que se saía da liña e punto.

Pero aí seguía a violencia estatal como ferramenta de acción para impoñer os seus criterios. Non gobernaba o PP, gobernaba o PSOE, pero apareceu o GAL.

Non gobernaba o PP, gobernaba o PSOE e todos os informes anuais falaban da presenza sistemática da tortura contra a maioría das persoas detidas en Euskal Herria.

Non gobernaba o PP, pero co PSOE seguía habendo malleiras constantes nas manifestacións da esquerda independentista vasca. Co PSOE e o PNV de acordo apareceu a dispersión dos e as presas políticas.

Gobernando o PSOE e non o PP a resposta aos movementos obreiros dados pola reconversión industrial foi tremenda, en Euskal Herria, pero tamén en Ferrol, Cádiz, e moitos lugares máis. A reconversión industrial impúxoa o estado mediante a violencia e levouna a cabo o PSOE.

O estado español da man do PSOE incorporouse á OTAN, organización terrorista onde as haxa e involucrouse na primeira guerra de rapina imperialistas tras a caida do campo socialista, en Iraq. A contestación ás protestas sempre foi violenta.

Euskal Herria, como xa comentamos nalgunha ocasión foi un laboratorio represivo, onde o estado empregou a violencia ata limites extraordinarios, ante o silencio cómplice de boa parte da esquerda estatal, e o sindicalismo. Nunca nin CCOO, nin IU nin o PCE, estando Anguita ou outros dixo esta boca é miña ante esta violencia despregada polo estado español para rematar coas ansias de liberación vascas.

O que acontece de dous anos para acá non é novidoso entón. Non ten razón o meu estimado amigo e compañeiro. A violencia estivo presente sempre en actuar dun estado, o español, que naceu da violencia, creceu na violencia e non ten ningunha vocación de deixar de practicala.

E non é o PP, quen empezou con estas dinámicas, o actual PP, polo menos. O PSOE utilizouna sempre que a necesitou, así como a UCD. Non é o PP violento, é o estado español o violento, o PP é un mero xestor desa violencia como o faría o PSOE ou calquera outro partido que acceda ao goberno para gobernar e non transformar.

O que o espera ao conxunto dos pobos e clase obreira que temos a desdita de estar dentro da pel de touro, «por narices» é máis violencia ou resignación. Pensar que santa Teresa vai arranxar isto ou pegar un puñazo na mesa como fixeron os veciños de Burgos.

Neste escenario de crise sistémica, brutal, de identidade e falta de valores e tamén económica o estado español se esta rearmando porque sabe que a paciencia non é infinita e a xente vai saír á rúa, máis aínda do que saíu ata agora. Hai un ano en Valencia as escenas de violencia policial poñían os pelos de puntas, despois en Barcelona, Madrid, contra todos os sectores que se atreven a saír á rúa, contra os mineiros, mestres ou bombeiros se fai falta.

Os anos de laboratorio vasco remataron. O que vai facer o estado é levar os seus coñecementos represivos ao conxunto do estado español e do mesmo xeito que durante 20 anos aquí se seguiu vendo claramente a violencia do estado agora o van ver no resto do estado en toda a súa crueza. Xa anunciou Rajoy que non vai permitir nin o referendo nin a independencia de Catalunya. Só faltoulle dicir que o fará mediante a coacción e a violencia se a necesita. Imperio da lei chámanlle a esta lea.

Vai ser mais necesario que nunca que a esquerda revolucionaria do estado aprenda das medidas represivas levadas a cabo en Euskal Herria para poder afrontalas. Vai ser máis necesario que nunca o exercicio do internacionalismo, para que os pobos poidamos ser libres. E vai ser máis necesario que nunca a clarificación ideolóxica e desenmascarar as vedettes da esquerda que neste escenario dende os seus pulpitos televisivos tratan de enganar unha poboación que non pode máis. O demo para enganar minta as sagradas escrituras, niso andan algúns «anticapitalistas».

E sobre todo vai ser mais necesario que nunca que todos e todas, nacións soxulgadas, pobos oprimidos e explotados tomemos conciencia da esencia violenta do estado. É nese escenario onde se vai ter que xogar a partida nos próximos anos, nun campo onde o rival vai empregar a violencia ata niveis insospeitados.

PATRICIA HERAS: IN MEMORIAM (UN NOVO CRIME DE ESTADO) x Rafael Narbona

Traducimos da súa web:

Patricia Heras suicidouse o 26 de abril de 2011. Cumpría unha condena de tres anos de prisión. Aplicáraselle o terceiro grao. Aos seis meses de ingresar no cárcere, quitou a vida na súa casa, aproveitando que o seu réxime penitenciario só a obrigaba a durmir na súa cela. Nacera en Madrid, pero estudaba filoloxía na Universidade de Barcelona e escribía poesía. A súa familia e os seus amigos coinciden en retratala como unha moza hipersensible, solidaria e chea de inquietudes. Unha das súas profesoras sostén que se caracterizaba por «unha sensibilidade e unha lucidez que poucos máis tiñan dentro da aula. Ademais de persoa extremadamente educada, lera moito e dedicárase a reflexionar sobre as constantes humanas con refinamento espiritual e rigor intelectual». Cal foi o seu delito? A noite do 4 de febreiro saíu co seu amigo Alex. Circulaban en bicicleta e sufriron unha caída. Alex fíxose unha brecha e sangraba moito. Chamaron a unha ambulancia, que lles recolleu e lles trasladou ao Hospital do Mar. Patricia, que só sufrira mazaduras, non sospeitaba que ía «directamente ao inferno», de acordo coas súas propias palabras.
Sigue leyendo PATRICIA HERAS: IN MEMORIAM (UN NOVO CRIME DE ESTADO) x Rafael Narbona

[Madrid] Sábado 8 as 19:00′.- Manifestación: Contra a súa represión. A nosa resistencia!

Entanto por estes lares «seguimos a velas vir» (ben porque a algunhas organizacións preocupalles máis a luita institucional ou as mobilizacións dirixidas como gando que as luitas pola dignidade que non poden controlar nen dirixir), noutras partes do estado xá se están mobilizando para combater a represión da que estamos sendo obxectivo toda persoa que sae ás rúas a manifestarse contra os abusos do poder.

Así, recollemos de InfoNodo50 esta convocatoria que parte de diversos colectivos de Madrid para celebrar unha manifestación o próximo sábado 8 de febreiro ás 19:00h, dende Cibeles ata Praza España, baixo o lema «Contra a súa represión, A nosa resistencia!» para denunciar a represión policial e a «caza de bruxas» orquestrada pola Delegación do Goberno de Madrid, con Cristina Cifuentes á cabeza, contra os movementos sociais da capital, e da que colamos o seu Manifesto, por ver se cunde o exemplo. Sigue leyendo [Madrid] Sábado 8 as 19:00′.- Manifestación: Contra a súa represión. A nosa resistencia!

Luis Miguel Mingorance Corral, «Hueso Pavo», preso da CampañaCárcere=Tortura en Folga de Fame Indefinida dende o 10 de xaneiro no cárcere de Soto del Real (Madrid)

Recollemos de Boletín Tokata, esta información da web da Campaña Cárcere= Tortura ao respeito da decisión de porse en Folga de Fame Indefinida de Luís Miguel Mingorance, alcumado «Hueso Pavo», quen é un dos presos sociais que leva máis tempo na loita contra os cárceres, :

«Hueso Pavo», 14 anos preso, actualmente na prisión de Soto del Real (Madrid), declarouse en Folga de Fame Indefinida o pasado 10 de xaneiro, co que levaría 28 días de xaxún, polas seguintes reivindicacións: Sigue leyendo Luis Miguel Mingorance Corral, «Hueso Pavo», preso da CampañaCárcere=Tortura en Folga de Fame Indefinida dende o 10 de xaneiro no cárcere de Soto del Real (Madrid)

Morto por «Causas Descoñecidas» o preso político basco Arkaitz Bellón no cárcere de Puerto I (Cádiz)

Información colada de Naiz que se fai eco da denuncia da Asociación Etxerat de apoio a presxs:

Segundo a información de NAIZ, o cadáver do preso de Elorrio, de 36 anos, foi achado na súa cama durante un reconto. Bellón tiña fixada a súa data de saída no próximo mes de maio, tras pasar trece anos no cárcere. Os avogados de confianza e a familia solicitaron comparecer na autopsia mediante un médico de confianza.

Na actualidade Bellón encontrábase en Puerto I (Cádiz). Anteriormente estivo en Sevilla, onde o pasado marzo foi obxecto dunha malleira por parte de funcionarios. Tamén denunciou agresións en Puerto III en 2010 e en Algeciras en 2008. En decembro de 2007, os seus familiares sufriron un accidente de tráfico cando acudían a unha visita ao cárcere de Herrera.

Etxerat subliñou a gravidade deste suceso e recordou que o preso de Elorrio «se encontraba dispersado a máis de 1000 quilómetros de Euskal Herria». O colectivo de familiares denunciou que «a dispersión, ademais de supoñer un castigo engadido tanto para presos coma para familiares, posibilita agresións e sucesos tan tráxicos como estes. Dende Etxerat queremos recordar que esta é a terceira morte que se rexistra en menos dun ano tras os falecementos de Anjel Figueroa e Xabier López Peña». Sigue leyendo Morto por «Causas Descoñecidas» o preso político basco Arkaitz Bellón no cárcere de Puerto I (Cádiz)

[Lugo] Actividades variadas e moi interesantes esta semana no Ateneo Libertario «A Engranaxe»

Recollemos da web «El Retroceso» estas actividades que comenzan hoxe xoves 6 ás 20:30′ con a proxección do filme «13 Rosas» dentro do ciclo de Cinema que están a facer todolos xoves a esa mesma hora e que terá continuidade neste mes con a proxección dos filmes «No solo duelen los golpes», «Persépolis» e «Indomables», con entrada de balde. Sigue leyendo [Lugo] Actividades variadas e moi interesantes esta semana no Ateneo Libertario «A Engranaxe»

José Antúnez Becerra e a COPEL. No seu vixésimosegundo día de Folga de Fame.

Colamos de Tokata o seguinte Comunicado de Agustín Moreno Carmona, membro fundador da COPEL en Carabanchel, e este video de PK–Activismo AudioVisual sobre a Folga de José:

[vimeo http://vimeo.com/85850573]

LIBERDADE JOSÉ ANTÚNEZ BECERRA!

Un preso só, inanimado, está nunha cela. Loita lento, ten o corazón de fera. Alá onde está desangra enerxías, loita contra o bocado por fame de xustiza. Non quero rancho, chamo os meus amigos que por acollerme suspiran. Aquí estamos na mala hora de verte sufrindo e se por nós fose cambiariamos o amigo de dentro a fóra. Se que estades comigo en loita contra a miña condena e sen barrotes e alegre a liberdade e a vida compartir convosco quixera. Saúde mental, control total queren os que che queren, veñen e van co pensamento da túa liberdade.
Sigue leyendo José Antúnez Becerra e a COPEL. No seu vixésimosegundo día de Folga de Fame.

Xoves 6 febreiro.- Día Internacional de Solidariedade con Leonard Peltier, 37 anos preso nos EEUU

Damos pulo a esta campaña internacional de solidariedade para con Leonard Peltier, de Lakota/Anishnabe, activista polos direitos dos pobos indíxenas, que mañán 6 de Febreiro, cumprirá 38 anos de encarceramento como prisionero, sen probas, nos cárceres estadounidenses. O mesmo goberno dos USA recoñeceu, despois de esgotadas todas as posibles vías para recurrir o seu encarceramento, que Leonard non era culpable da morte de dois axentes federais, polas que fora condenado a dois cadenas perpetuas. Peltier, tras pasar polas duras experiencias dos penais dos USA, ainda sobrevive e está a piques de cumprir 70 anos de idade. Para lembrar esta súa situación e exixir a súa imediata liberación, ven de iniciarse unha campaña internacional de visibilización.

Entre as accións previstas temos constancia por Indymedia Barcelona, que haberá Concentracións en Barcelona, a primeira mañán xoves 6 ás 12:30h diante do Consulado dos EEUU (que se repetirá cada xoves dende agora) e a seguinte no sábado 8 na praza de Sant Jaume. (tal como figura na imaxen)

Tambén hai organizada, a nivel internacional, unha recollida de sinaturas con nome e apelidos, que será entregada polos Indíxenas Americanos a Obama para apelar clemencia e que o deixen volver con a súa familia e o seu pobo, para que poida pasar os seus derradeiros días en paz con os seus netos e bisnetos que nunca chegou a coñecer.

Colamos de seguido o contexto en que Leonard foi feito prisioneiro e un seu comunicado, que colamos da web ElLokal:
Sigue leyendo Xoves 6 febreiro.- Día Internacional de Solidariedade con Leonard Peltier, 37 anos preso nos EEUU

[Vigo] Sábado 8 as 20:30′ Concerto Solidario con o CSO «La Casika» de Móstoles no Distrito9

Recibimos esta convocatoria solidaria con o centro social «La CasiKa» de Mostoles que, unha vez arquivada a vía penal, está outra vez baixo a sombra da amenaza, agora pola via civil, do desaloxo. O xuízo previsto para o xoves 23 de xaneiro foi adiado ata nova orden por diversos motivos procesais, durante esa manán unhas 200 persoas solidarias estiveron concentrándose fora dos xulgados en apoio das duas persoas encausadas, días antes (18 de xaneiro) miles de veciños e veciñas deran o seu apoio nunha manifestación, tal como se reflexa neste Comunicado de Agradecemento.

Despois de 16 anos de que este centro social estivera disponible para os movimentos sociais, queren derrubar esta antigua casa e eliminar este espazo para deixar un frío solar e depois construir vivendas de luxo. É por iso que demandan toda a axuda posible e que todos os colectivos que queiran que se poñan mans á obra organizando actos, concertos, charlas, etc. dado que os gastos económicos e as indemnizacións que peden no proceso xudicial son desorbitadas e se agradece todo o apoio posible. (Ver acá Comunicado en galego)

Nesa medida xurdiu este Concertazo Solidario organizado pola distri «El Fary es Dios» e o Centro Social Autoxestionado de Coia «Distrito 09», sito no Camiño de Figueirido nº 89, onde terá lugar o concerto, no que estarán tocando:
Sigue leyendo [Vigo] Sábado 8 as 20:30′ Concerto Solidario con o CSO «La Casika» de Móstoles no Distrito9

[Compostela] María Pardo, vozeras municipal do PP fala de roubar cableado polo que poidera passar…

A operaçom Pokemon está a fazer estragos no PP (e no PSOE) das cidades galegas, se bem no caso de Compostela bate recordes de pessoas imputadas no consistório municipal (12 imputadas de 15), feito do que já falaramos há tempo, acá em Abordaxe.

Deveria estar nom só indignado, senom rabeando ante tais desmáns, mas assim é a sua democracia, e prefiro tirar do humor para rir dessas suas incongruências que lhes leva a dizer coisas como esta numha rolda de imprensa de janeiro passado: «Nos hemos puesto al día en robo de cable hasta este momento porque nunca se sabe lo que pasará a continuación». Em que estaria a pensar a vozeira ??

[soundcloud url=»https://api.soundcloud.com/tracks/132722642″ params=»auto_play=false&hide_related=false&visual=true» width=»70%» height=»60″ iframe=»false» /]
Sigue leyendo [Compostela] María Pardo, vozeras municipal do PP fala de roubar cableado polo que poidera passar…

Umha visom do futuro: Quando todos os Roberto Adinolfi caminharem de muletas

Colamos de ContraInfo este texto do anarquista Sean Swain, preso nos EUA:

Voltando a Maio de 2012, Roberto Adinolfi dirigia a Ansaldo Nucleare – que construe centrais nucleares em toda a Europa, incluindo umha em Kroko, Eslovénia, e outra em Cernadova, na Roménia. Adinolfi tem poder, dinheiro, prestígio e influência. Para ele, os sofrimentos e as mortes de Fukushima, Japom, nom foram nem de longe tam reais como o seu espaçoso e climatizado escritório, a sua luxuosa casa de Génova ou a sua roupa cara.

Às vezes devem quebrar-se alguns ovos para fazer umha tortilha. Para além disso, nengumha das suas trampas mortais fundira-se ainda.

Ainda. Palavra chave. Ainda.
Sigue leyendo Umha visom do futuro: Quando todos os Roberto Adinolfi caminharem de muletas