Entrevista de Ceivar ao preso independentista Antom Santos

Colamos em solidariedade esta entrevista feita para o Organismo Popular Anti-repressivo Ceivar do preso independentista galego Antom Santos (aportamos o deseno feito por Antom na prisom pois ainda que dentro do cárcere nom tem acesso a bom material para o debuxo, fixo-lhes chegar esta maravilha á AMAL (Agrupaçom de Montanha Augas Limpas):

Antom Santos foi separado da sua contorna vital em Dezembro de 2011. Destacado historiador, investigador e docente. As pessoas que o conhecem sabem da sua implicaçom como militante nos movimentos populares mas também da sua grandeza humana. Em junho de 2012 foi condenado a 10 anos de cadeia por «participaçom em organizaçom terrorista» e «falsificaçom documental», desde entom permanece na prisom de Aranjuez (Madrid) a 700 quilómetros da sua morada.

Durante o juízo do 24 de Junho, a estratégia da Fiscalia e do juiz Guevara provocou o protesto da vossa Defesa, qual foi a tua percepçom?

Antes de fixar-me nos aspectos formais, por escandalosos que foram, cumpriria reparar no que se topa por baixo daquele espectáculo.

Nom é novidade assinalar que, desde há décadas, o Estado tem entre as suas preocupaçons o que chama «independentismo radical» e que nós conhecemos como independentismo revolucionário. Trabalhou-se persistentemente e desde várias frentes para bani-lo do mapa galego ou, quanto menos, por reduzi-lo à mínima expressom.
Sigue leyendo Entrevista de Ceivar ao preso independentista Antom Santos

[Ourense] Venres 7 Concerto Solidario ‘Aborto Libre: As Mulleres Decidimos!’

Damos pulo a esta convocatoria recibida na nosa caixa de correos e que reproducimos:

Boas xente! reenvío convite para este venres:

Concerto da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto: «Aborto Libre, As Mulleres Decidimos!»

Venres 7 de febreiro, 21.00h no Café Cultural Auriense (Praza do Correxidor) de Ourense.

Coa participación de ‘As Outras’ e ‘The Tetas Van’

Haberá música, festa e moitas sorpresas! Entrada 2€

Saúdos feministas!

[Betanzos] IX Encontro da Rede galega de sementes sábado 15 de febreiro

Colamos esta información facilitada nun correo ao respeito do próximo Encontro da Rede Galega de Sementes, que desta volta será en Betanzos, o sábado 15 de febrero a partir das 10h na Praza do Campo (Irmáns García Naveira).

O Programa vai ser o seguinte:

10.00h Apertura da feira
11.00h Apertura da mesa de troco.
12.00h Obradoiro de «Plantas que curan plantas. Purines e extractos vexetais para a horta»
Obradoiro para crianzas
14.00h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir!
Sigue leyendo [Betanzos] IX Encontro da Rede galega de sementes sábado 15 de febreiro

[Vigo] Hoxe martes 4.- Comenza Ciclo de Palestras e outras actividades das xornadas «Barrios, Espazos de Vida. A Experiencia de Coia»

Recibimos un par de correos de Eduardo Rodríguez, un dos organizadores deste ciclo que comenzou onte 3 de febreiro con unha exposición na Biblioteca municipal «Xosé Neira» (que permanecerá aberta ata o 1 de marzo) e que hoxe terá continuidade con a palestra “A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX” ( a primeira dun ciclo de 3 charlas que terán lugar os martes 4, 11 e 18 ás 19:30′) e que se completará con unha actividade para o público infantil (o martes 25 dende as 6 da tarde). Mais imos colar xa a información recibida deste interesante ciclo que permitirá, as suas asistentes, coñecer mellor un dos barrios máis combativos e deteriorados da historia de Vigo.

CICLO DE CHARLAS:

“A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX” a cargo de Eduardo Rodríguez. Martes 4 de febreiro ás 19h30.
Sigue leyendo [Vigo] Hoxe martes 4.- Comenza Ciclo de Palestras e outras actividades das xornadas «Barrios, Espazos de Vida. A Experiencia de Coia»

[Alcorcón]: Do apoio á folga de lixos á loita de todas. Comunicado de @ApoyoVecinal e críticas curiosas dun sindicato policial

Reproducimos acá un copilado de últimas noticias sobre o que aconteceu e o que acontece ao redor desta loita operaria que se deu convertida en luita veciñal.

Colamos primeiro o artigo «Alcorcón: do apoio á folga de lixos á loita de todo un pobo» asinado por Sam Robson na web @EnluchaMadrid , para despois dar conta das novidades sobre a folga e as detidas e do último ComunicaAcordo da Asamblea Xeral da folga:do de @ApoyoVecinal «O pobo de Alcorcón continúa reivindicando os seus dereitos», colado súa web, e completamos con a «curiosa» crítica policial.
Sigue leyendo [Alcorcón]: Do apoio á folga de lixos á loita de todas. Comunicado de @ApoyoVecinal e críticas curiosas dun sindicato policial

[Grécia] Nova onda repressiva com batidas policiais consecutivas em casas de anarquistas

Colamos informaçom enviada ao nosso correio pola Agência de Notícias Anarquistas -ANA- dumha informaçom de Verba-Volant, notícias contra-informativas desde Grécia:

Durante a última semana na Grécia, temos experimentado umha nova onda repressiva desencadeada sob o pretexto de perseguiçom, por parte da chamada «Unidade Anti Terrorista» da Polícia grega, de um fugitivo da prisom de Koridalos, Atenas. Trata-se de Christodoulos Xiros, um militante marxista de mais de 50 anos de idade, membro do grupo de luta armada «17 de novembro», desarticulado pola Polícia em 2002.

Especificamente, a «Unidade Anti Terrorista» da Polícia tem suscitado umha série de batidas em casas de anarquistas ou de familiares, nas cidades de Atenas e Tessalônica. A seguir publicamos um relatório cumulativo de casos notificados apenas no Indymedia Atenas, enquanto existem mais casos de batidas policiais ainda nom denunciados e publicados neste site contrainformativo.

Em alguns casos, qualquer item encontrado no interior dessas casas durante as batidas (e os registros) foi usado pela Polícia para acusar, deter ou processar aos anarquistas proprietários ou inquilinos – isso sem a fundamentaçom do porque foram selecionados estes anarquistas como suspeitos de oferecerem hospitalidade a um fugitivo, além do fato de que a Polícia os têm fichados como anarquistas, ou seja, por sua ideologia. Os meios de desinformaçom em massa fizeram breves mençons desta repressom realizada pola «Unidade Anti Terrorista», sem fazer a miníma mençom aos porquês dessas incursons nas casas e quais foram os critérios de seleçom dos que foram colocados na mira das forças repressivas.

Segue umha breve crônica das batidas e registros realizados em várias casas ao longo dos dias 21 a 28 de janeiro, das perseguiçons judiciais e dos anarquistas processados ou condenados:
Sigue leyendo [Grécia] Nova onda repressiva com batidas policiais consecutivas em casas de anarquistas

[Compostela] Martes 4 as 21:00′.- «La VOZ de Gamonal, De quien es la calle» 1º pase do Ciclo «Luitas Veciñais» no Cinema-Forum Anarquista «A Ghavilla»

Neste mes de febreiro daremos continuidade ao noso Cinema-Forum Anarquista con un ciclo de documentais realizados baixo o prisma de diferentes loitas veciñais de onte para focalizarlas no hoxe e no mañán. A nosa intención é proxectar varios videos que nos falen de como foran esas loitas e que se acadou ou perdeu nelas. Co gallo de tal ciclo temos previsto pasar durante este mes documentais sobre a loita de As Encrobas (no vindeiro martes 11, onde contaremos con a presencia dos seu realizador Xosé Bocixa), outras loitas na Galiza con o documental de Carlos Varela «Na Defensa da Terra», e de fóra da nosa terra como os docus «A Tornallón» contra a especulación en Valencia, “La Cañada Otra Mirada” sobre La Cañada Real ou «Kukutza III» sobre a famosa okupa de Bilbo.

Para comenzar escollimos «La Voz del Gamonal, De quien es la calle?» un documental de 1 hora que narra a oposición da veciñanza de Gamonal contra a construcción dun parking na avenida Eladio Perlado en agosto de 2005. Como unha boa maneira de dar a coñecer a xénese dos conflictos que viviu o Gamonal ao longo da súa historia. A luita contra aquel parking que quería construir o alcalde de Burgos hai case xa unha década garda muita relación con a actual loita no Gamonal.

Aquí podedes ler unha reseña do documental:
Sigue leyendo [Compostela] Martes 4 as 21:00′.- «La VOZ de Gamonal, De quien es la calle» 1º pase do Ciclo «Luitas Veciñais» no Cinema-Forum Anarquista «A Ghavilla»

Pedro García Olivo.- «El Occidental Abominable» (autoentrevista en primicia no nº 4 da revista Abordaxe) publicada no seu blogue en Versión Orixinal (en castelán)

Pedro García Olivo tomara, no seu día, a decisión de que toda a súa producción científica, literaria e videográfica ia ser liberada progresivamente neste o seu blogue «¿Eres la noche?, Para perdidos y reinventados».

Agora, e unha vez saída á rúa o nº 4 da nosa (vosa) revista «Abordaxe» en papel, ven de colar no seu blogue (na sua versión «orixinal» en castelán) a «Autoentrevista» que redactara en primicia para Abordaxe con o título «El Occidental Abominable», e que nos xa publicamos na revista traducida ao galego.

Ademais tambén publica na mesma entrada a «Composición» publicada no xornal dixital La Haine con o título «Homenaje al Criminal Satisfecho de Sí, Orgulloso de su Delito» sobre a opinión que lle merecen os chamados «Módulos de respeito» dos cárceres e que colamos acá (traducida á nosa lingua):
Sigue leyendo Pedro García Olivo.- «El Occidental Abominable» (autoentrevista en primicia no nº 4 da revista Abordaxe) publicada no seu blogue en Versión Orixinal (en castelán)

[Alcorcón] 15 detidas tras a manifestación veciñal en apoio da folga do lixo. Na carga policial pegaron nunha meniña de 5 anos.

En contraste con a habitual desinformación e manipulación nos medios, ofrecemos os motivos da folga do lixo, algo doado de explicar como fai un meiño no deseño que acompaña esta notícia), as razóns da solidariedade da veciñanza, e as denuncias da brutalidade policial que chegou a cargar contra unha meniña de 5 anos ( poida que para que non debuxe cousas como o seu veciño, un dado que, curiosamente, non recollen os medios que falan de violentos para referirse a quen se enfronta aos desmáns de alcaldes e policías)

Máis de 5.000 asistentes abarrotan as rúas de Alcorcón en defensa do público e exixindo a dimisión dol Alcalde e en solidariedade con os traballadores despedidos e con a folga; para «esixir ao rexedor que rectifique a súa política de recortes, de despedimentos e de intransixencia», así como para mostrar o seu desacordo pola externalización do servizo de retirada de vidro. Entre as frases máis repetidas, as participantes corearon «Hoxe o lixo está en Valladolid», en referencia á presenza do rexedor, David Pérez, na convención nacional do PP; «David Pérez, ninguén che quere» ou «Alcalde, escoita, o pobo está na loita».
Sigue leyendo [Alcorcón] 15 detidas tras a manifestación veciñal en apoio da folga do lixo. Na carga policial pegaron nunha meniña de 5 anos.

Non deixemos só a José Antúnez Becerra na súa folga de fame!

Colamos de Tokata este Comunicado do Grupo de Apoio de José Antúnez no seu dezaoito día en folga de fame, iniciada en 14 de xaneiro, tal como contáramos acá en Abordaxe, onde tambén deramos conta do seu Manifesto dando as razóns para porse en folga:

José Antúnez Becerra, preso actualmente no C.P. Brians II, decidiu poñerse en folga de fame indefinida o pasado luns, 14 de xaneiro. Actualmente perdeu moitos quilos de peso e ten o nivel de azucre moi baixo. Esixe que se revise a súa condena e se lle poña unha data para poder saír.

Durante os últimos anos, a xunta de tratamento non quixo permitirlle acceder aos programas necesarios para poder solicitar permisos de saída. Ultimamente, requisaron o seu ordenador persoal, negáronlle a posibilidade de poder traballar e non queren adaptar a súa alimentación á súa dieta vexetariana. Encóntrase en quella sen saída e decidida a poñer fin a iso cunha folga de fame, poñendo en risco a súa vida, a única arma dos presos ante o sistema penitenciario. Está decidido a seguir ata o final se non lle dan unha solución á súa situación.
Sigue leyendo Non deixemos só a José Antúnez Becerra na súa folga de fame!

Convocatoria dunha columna COPEL-APRE na «Marcha pola Dignidade» que chegaría a Madrid o próximo 22 de marzo

O 22 de marzo iremos a Madrid na Marcha pola Dignidade.

A COPEL (Coordinadora de Presos en Loita), a APRE (r) (Asociación de Presos en Réxime Especial Reconstituída), os membros que quedamos vivos despois do exterminio sufrido polos cárceleros daquela época «post-franquista» e xs familiares e amigxs de ambos os dous farémolo pola dignidade dxs vivxs e xs mortxs, aquela que non perdemos ás mans dxs nosxs torturadorxs xs asasinxs de tantxs amigxs en prisión, pola dignidade que mantivemos sen perder a humanidade para cos nosos reféns cando os motíns nas prisións as fixeron arder.

Colamos de Tokata

O 22 de marzo iremos a Madrid na Marcha pola Dignidade.

A COPEL (Coordinadora de Presos en Loita), a APRE(r) (Asociación de Presos en Réxime Especial Reconstituída), os membros que quedamos vivos despois do exterminio sufrido polos cárceleros daquela época «post-franquista» e xs familiares e amigxs de ambos os dous farémolo pola dignidade dxs vivxs e xs mortxs, aquela que non perdemos ás mans dxs nosxs torturadorxs xs asasinxs de tantxs amigxs en prisión, pola dignidade que mantivemos sen perder a humanidade para cos nosos reféns cando os motíns nas prisións as fixeron arder.
Sigue leyendo Convocatoria dunha columna COPEL-APRE na «Marcha pola Dignidade» que chegaría a Madrid o próximo 22 de marzo